04/02/13

Os + de 2012

Segundo a web de Fervenzas literarias, e tras as enquisas que fixeron ós seus lectores, estos son os mellores libros de 2012:
- Mellor libro de Narrativa de adultos para As voces baixas, de Manuel Rivas (Xerais).
- Mellor libro de Poesía para Calado testamento, de Xavier Rodríguez Barrio (Espiral Maior).
- Mellor libro de Ensaio para O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz (Xerais).
- Mellor libro de Literatura dramática para o Banqueiros, de varios autores (Laiovento).
- Mellor libro de Banda Deseñada para Ardalén, de Miguelanxo Prado.
- Mellor libro traducido ao galego para adultos para Mr. Gwyn, de Alessandro Baricco (Galaxia).
- Mellor libro xuvenil para Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais).
- Mellor libro infantil para María Fumaça, de varios autores (Galaxia).
- Mellor libro traducido ao galego para público infantil e xuvenil para Lilus Kikus, de Elena Poniatowska, traducido por Teresa Moure (Trifolium).
- Autor do ano para Agustín Fernández Paz.
- Ilustrador do ano para Miguelanxo Prado.
- Mellor portada dun libro para adultos para Tonas de laranxa (Xerais).
- Mellor portada dun libro para público infantil e xuvenil para Palabras de auga (Xerais).
- Mellor editorial para Xerais.
- Mellor crítico/a para Armando Requeixo.
- O mellor acontecido para o Culturgal.
- O peor acontecido para a política cultural da Xunta.
- Mellor Libraría para a libraría Couceiro.
- Mellor medio de comunicación para Praza.
- Mellor blog para Brétemas, de Manuel Bragado.

E segundo Rede Libros, estes foron os mellores do ano:

- Editorial galega: Contos Estraños Editora.
- Obra literaria en galego: Os abismos da noite eterna I. O morador da fenda, de Roberto A. Rodrigues.
- Libro infantil e xuvenil en galego: O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila.
- Obra non literaria en galego: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.
- Banda deseñada en galego: Ardalén, de Miguelanxo Prado.
- Banda deseñada en castelán: El héroe 2, de David Rubín.
- Autor en galego: Agustín Fernández Paz.
- Autor en castelán: Miguel Otero Furelos.
- Ilustrador: Iván Valladares.
- Tradutor: Tomás González Ahola.
- Libro mellor editado: Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo (Xerais).
- Mellor proxecto ou evento cultural: Contos Estraños.
- Libraría: Cartabón (Vigo).
- Blog: Criticalia, de Armando Requeixo.
- Crítico máis destacado: Armando Requeixo. 



Vedes que entre as dúas listas hai varias coincidencias:
 -  Mellor libro de Banda Deseñada para Ardalén, de Miguelanxo Prado.
 -  Autor en galego: Agustín Fernández Paz.
 -  Crítico máis destacado: Armando Requeixo. 

Tomamos (e tomade!) nota das recomendación, porque están feitas por xente que sabe do que fala!

Ningún comentario: