16/02/17

Un can na nosa biblio!


    O xoves, 16 de febreiro, Cristina Diz, adestradora de cans, faloulles aos nenos sobre a linguaxe canina,  sobre como debe ser o  comportamento das persoas cara aos animais, como actúa un can de asistencia e como traballa un can guía.
Os pequenos estiveron moi atentos a todas as explicacións da educadora e mesmo participaron activamente na actividade.




Charla coloquio de exparlamentarios galegos

    A nosa biblioteca recibiu a visita de varios exparlamentarios galegos e o Faro de Vigo fíxose eco da noticia que podedes ler  



Convivencia entre culturas



    Este ano, para conmemorar o Día da Paz  na nosa biblioteca, invitamos a uns papás e lles fixemos unha entrevista. O pai é español e a nai, brasileira. 
    Queriamos que, a través do seu exemplo, os nenos aprenderan que non é necesario ser iguais para levarse ben, e que culturas diferentes poden convivir xuntas.
    Os nosos alumnos estiveron moi atentos e fixeron preguntas moi interesantes.
 


08/02/17

Razóns científicas para ler máis do que lemos


A lectura e un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o cerebro e as capacidades mentais. É así porque a actividade de ler require poñer en xogo un importante número de procesos mentais, entre os que destacan a percepción, a memoria e o razoamento. Cando lemos activamos preferentemente o hemisferio esquerdo do cerebro, que é o da linguaxe e o máis dotado de capacidades analíticas na meirande parte das persoas, pero son moitas máis as áreas cerebrais de ámbolos dous hemisferios que se activan e interveñen no proceso. […] Está comprobado que a activación regular desa parte do cerebro fomenta no só a capacidade de razoar, senón tamén, en certa medida, a intelixencia das persoas.
                                                                             
 Ignacio Morgado Bernal       El País - 16/01/2017

Ler máis        

31/01/17

30 de xaneiro - Día escolar da non violencia e a paz



"A educación é a vacuna contra a violencia."
 Benjamin Franklin

Biblioteca-Novidades

    A biblioteca adquiriu nestes meses moitas novidades para traballar sobre o proxecto de centro. Animámosvos a que pasedes a botar unha ollada.
    Aquí tedes un exemplo do que podedes atopar.







22/01/17

Película: "Figuras ocultas"

    Durante anos, a sede histórica da NASA en Virxinia, contou cun departamento de verdadeiras calculadoras humanas exclusivamente feminino.
A partires da incorporación de traballadoras afroamericanas nos anos coarenta, o departamento de cálculo dividiuse segundo as leis da segregación racial. As matematicas de color víronse relegadas á ala oeste do complexo, lonxe do centro de mando principal. Esta doble discriminación propiciou tamén unha doble invisibilización do papel destas profesionais en hitos como o Proxecto Mercurio, a primeira nave tripulada posta en órbita por Estados Unidos co astronauta John Glenn ao seu mando. Olvido histórico que "Figuras ocultas" pretende subsanar.

A Real Academia Galega abre os tesouros do seu arquivo á sociedade a través da Rede

Pode accederse a máis de 32.600 documentos dende o século XI ata a actualidade

 

Documentos como a letra do Himno Galego da man de Eduardo Pondal, os que dan conta do cerco dos ingleses á Coruña en 1589 ou as cartas que enviaba o padre Sarmiento a outros compañeiros de fe son clave para coñecer, comprender e valorar a historia de Galicia. Forman parte dos máis de 32.600 documentos que compoñen o arquivo da Real Academia Galega, un verdadeiro tesouro de pezas que van máis alá da súa dimensión histórica, xa que tamén posúen unha importante faceta simbólica. Son referencias que agora xa non só están ao dispor dos investigadores, senón que calquera cidadán pode acceder a elas a través de Internet.

A Academia vén de completar a migración do rexistro descritivo do seu arquivo desde o seu antigo sistema de xestión á nova aplicación no contexto do proxecto Arquivo Dixital de Galicia, promovido polo servizo xeral de Arquivos da Xunta. Na web da Academia hai unha ligazón (academia.gal/arquivo-fondos) para acceder aos catálogos de máis de trinta arquivos de distintas institucións. Entre elas tamén figuras asociacións e empresas, ás que se engaden fondos persoais ou coleccións que foron doadas á Academia.

Dos máis de 32.600 documentos que forman este arquivo, de máis de 3.700 existe xa copia dixital, polo que o usuario pode coñecer o documento en cuestión na súa forma orixinal. É o caso do poema Os pinos, pero tamén a obra teatral O Mariscal, de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte, así como textos do padre Sarmiento ou Curros Enríquez, entre outros.

A estes manuscritos hai que sumar os fondos fotográficos, non só de retratos de escritores como Rosalía, Curros ou Pondal, senón tamén a colección fotográfica de Pablo Beade, que comprende imaxes entre os anos 1932 e 1987 de actos e actividades da Federación de Sociedades Galegas de Arxentina, ou rexistros de celebracións como un entroido na Coruña no ano 1916.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2017/01/20/span-langgl-academia-abre-os-tesouros-do-seu-arquivo-a-sociedade-traves-da-redespan/0003_201701G20P37991.htm

15/01/17

2017: Ano de CARLOS CASARES

http://academia.gal/letras-actual    Dende a biblioteca queremos adicar a primeira entrada deste ano a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano co gallo das Letras Galegas.

    Foi a comarca da Limia, en maior medida que o seu Ourense natal, o territorio que deixou unha pegada máis fonda no Casares neno. Nacera en Ourense, o 24 de agosto de 1941, pero aos catro anos marchou para Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco Casares, traballaba de mestre ...

    Podedes premer na imaxe para coñecer máis cousas da súa vida e da súa obra.

    Ah!, e tamén podedes facer clic na cabeceira do blog, no apartado do escritor para acceder á web da súa fundación onde atoparedes moita información  arredor deste recoñecido autor.

19/12/16

Bo Nadal!


Recomendacións para as vacacións de Nadal

    Aquí vos deixamos os boletíns Leria de Primaria e de Secundaria con ideas e recomendacións de lecturas para estes días de lecer.
    Animádevos a ler e felices vacacións!



https://drive.google.com/file/d/0B-bda1xRnuSAcmVVYTFkTVg5Mk0/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B-bda1xRnuSAUV9OSlBoTjYyLTQ/view?usp=sharing

10/12/16

Nadal no Gaiás 2016

    
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/nadal-no-gaias-2016

    

    Este Nadal víveo ao ritmo do Gaiás! Entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro, a Cidade da Cultura ofrece un programa de actividades para pasar estas datas en familia rodeados de música, creatividade e moita diversión.

Para saber máis, preme na imaxe.

Ocorrencias


Por que os libros teñen forma de porta? 
Autor: Liniers

Os aromas do libro
Leyendo se entiende la gente
Biblioteca da Universidade de Navarra