A lectura e un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o cerebro
e as capacidades mentais. É así porque a actividade de ler require poñer en xogo
un importante número de procesos mentais, entre os que destacan a percepción, a
memoria e o razoamento. Cando lemos activamos preferentemente o hemisferio
esquerdo do cerebro, que é o da linguaxe e o máis dotado de capacidades
analíticas na meirande parte das persoas, pero son moitas máis as áreas
cerebrais de ámbolos dous hemisferios que se activan e interveñen no proceso.
[…] Está comprobado que a activación regular desa parte do cerebro fomenta no
só a capacidade de razoar, senón tamén, en certa medida, a intelixencia das
persoas.
Ignacio Morgado Bernal El País - 16/01/2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario