21/10/14

Mercadiño de intercambio de libros



O próximo venres, co gallo do Día Internacional das Bibliotecas, teremos un par de actividades para todos vós:

 - no recreo, faremos o tradicional mercadiño de intercambio de libros. Xa sabes como funciona: por cada libro / CD / DVD que traias podes levar outro. Tedes ata o xoves para traer os vosos libros.

 - ás 11.30, unha auténtica especialista no Camiño de Santiago daranos unha charla para resolver todas as nosas dúbidas e contarnos mil e unha anécdotas do camiño.

 - durante a mañá, un par de peregrinos visitarán o cole para contarlles contos ós máis pequenos.


Non esquezades traer os libros!

Ningún comentario: