O alumnado e profesorado do IES Miguel Catalán ten un blog fantástico con vídeos moi clariños que nos axudan a estudar e organizarnos mellor.
As entradas do blog están divididas en 6 categorías (poñemos enlaces a algúns vídeos como exemplo):
- Preparación: como preparar a túa mente, o teu corpo e o lugar de estudio para estudiar
- Planificación: como organizar o material, planificar un examen e facer un horario de estudio
- Técnicas básicas: esquemas (normais, verticais, de táboa...), suliñados, mapas mentais e conceptuais ou memorizar un texto
- Técnicas específicas: análises de táboas, mapas, pirámides de poboación, gráficas...
- Materias: como estudar CCNN, CCSS, inglés e matemáticas
- Presentación: como presentar un traballo escrito ou facer unha exposición oral, como ter o caderno organizado
Tedes tamén moi boa información nestas dúas páxinas: aquí e aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario