12/02/16

Deportistas na biblioteca

Este curso, dentro do proxecto de centro "Olimpíadas", a nosa biblioteca vén recibindo periódicamente a visita de deportistas que, grazas ao seu esforzo e bo facer, aportaron grandes momentos ao deporte galego.

Falamos de Verónica Acuña, exxogadora de 1ª división e da selección de balonmán, ademais de exalumna deste centro; de Enrique Míguez Gómez, campión de piragüismo, e do gran atleta David Gómez. O relato das súas vivencias e logros deportivos mantiveron a atención e o interese de todos os alumnos que tiveron ademáis a ocasión de preguntar polas súas experiencias e mesmo de tocar a súas medallas e fotografiarse con eles.

Dende aquí agradecémoslles a súa colaboración e simpatía.





29/01/16

Olimpíadas para a paz


Todos os nenos e nenas, dende Infantil ata Secundaria, participaron nesta edición da celebración do Día da Non Violencia e a Paz dando cor ás pombas que adornaron coas cinco cores representativas dos xogos olímpicos os aros que decoraron o mural que se colocou á entrada do noso centro.
 A biblioteca recibiu a visita dos rapaces de ACESCA, que colaboraron, coma noutras ocasións, para levar a cabo esta iniciativa.

28/01/16

Máis de 50 autores e autoras reinterpretan clásicos da literatura universal a través da ilustración

Cartel


A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) reinterpreta máis de 50 contos e fábulas da literatura universal a través da ilustración, con imaxes creadas polos seus socios e socias. O froito deste traballo acaba de ver a luz no catálogo ‘Novas olladas sobre os clásicos universais’.

‘Carapuchiña vermella’, ‘Alicia no país das marabillas’, ‘O principiño’, ‘Polgariño’, ‘O ratiño Pérez’, ‘O gato con botas’ ou ‘Os tres porquiños’ son algúns dos clásicos que nos redescobren agora os membros da AGPI coa súa particular mirada artística, traducida nas ilustracións que conforman o catálogo, publicado co apoio da Consellería de Cultura e Educación e mais da Deputación Provincial da Coruña.


Preme na imaxe para ver o artigo completo.

07/01/16

Benvido 2016 !

Dámoslle a benvida ao novo ano que vén cargado de efemérides e celebracións.
Xa sabedes que este ano o día das Letras Galegas estará adicado ao poeta Manuel María, autor dunha extensa obra e persoa comprometida coa nosa lingua.


Real Academia Galega
 Non esquezades que premendo na foto de Manuel María (na cabeceira do blog) podedes coñecer máis a fondo a vida e obra deste escritor dende a Casa Museo Manuel María.


Este ano celébranse tamén os 100 anos do nacemento das Irmandades da Fala. Ademais o escritor padronés Camilo José Cela cumpriría 100 anos no 2016 e hai xa 150 anos do nacemento  doutro famoso escritor galego, Valle Inclán.

Curiosamente o 2016 é tamén o ano do cuarto centenario do pasamento de dous dos xenios máis grandes das letras universais, Miguel de Cervantes e William Shakespeare, que morreron o 23 de abril de 1616. Na súa honra, o 23 de abril de cada ano celébrase o "Día Internacional do Libro".
 







31/12/15

Remata o ano 2015 adicado a Filgueira Valverde


Culmina o ano de homenaxe das Letras Galegas 2015 que adicamos ao escritor Filgueira Valverde e como remate de todas as actividades levadas a cabo durante este ano, vense de publicar "Escolma de textos literarios e xornalísticos" no número 34 dos Cadernos Ramón Piñeiro, editorial que xa adicara anteriormente outra publicación á súa vida e obra.

Trátase dunha recopilación de textos literarios e periodísticos do escritor galego.

13/12/15

Lecturas para o Nadal





https://drive.google.com/file/d/0B-bda1xRnuSAQk9hUW1PSXF4VXM/view?usp=sharinghttps://drive.google.com/file/d/0B-bda1xRnuSANGxNZVFqZkFqQ0E/view?usp=sharingEstamos xa na última semana do trimestre, en vésperas das vacacións de Nadal. Dende aquí animámosvos  a recoller libros ou películas para os ratos de lecer que ides ter nestas datas.
Visitade a biblioteca e revisade as novidades.
Premendo nas imaxes podedes ver os últimos boletíns Leria.

Felices festas!!

Despedida na "biblio"


A nosa bibllioteca foi testemuña a semana pasada dunha emotiva celebración na que nenos e nenas, antigos alumnos, profes, representantes da ANPA e persoal non docente do centro agasallaron á profesora Chelo Carballo co gallo da súa xubilación.

Levaba nada máis e nada menos que vinte e nove anos no noso centro!

Como remate, os seus alumnos e ela mesma prantaron unha árbore, un carballo, no patio. De seguro a lembraremos cando o vexamos!

Todo o noso agarimo e os nosos mellores desexos nesta nova etapa que comeza agora para ela.

Volve cando queiras!

27/11/15

Xosé Neira Vilas, hoxe e sempre no noso recordo.



   Hoxe lembramos con agarimo a un home sinxelo e bo, a un home que nos cativou coas súas historias e o seu amor aos nenos, que nos ensinou o valor da humildade e das cousas pequenas, pero verdadeiras e importantes. Un home ao que moitos coñecimos a través dos ollos dun neno: o seu Balbino, que tamén é dalgún xeito o noso Balbino, o pequeno de quen soubemos hai xa moito tempo, pero que quedou para sempre no noso corazón.
   XOSÉ NEIRA VILAS... GRAZAS!


                                                                                                          Vídeo de Telemiño Ourense


                                                     Video de Escola de ensino galego Semente Trasancos
             Escoitade, neste vídeo ao escritor falando dos nenos.


             E agora, merece a pena que escoitedes esta música.
             Desenhos de Isaac Diaz Pardo para a Ediciós do Castro de Memorias dun neno labrego
             de Xosé Neira Vilas. Música: A Quenlla, "Memorias dun neno labrego"
                                                ______________________________________
  
       "Eu, en veces, sentíame voar coma se a música me arrincase do faiado e me levase polo aire. No ceo relucían ducias de estreliñas. Parecía que axexaban para o rebumbio do souto.
        Quedeime ollando unha que escintilaba máis que as outras. Imaxinei que turraba por min. Sentinme xunguido, abrazado a ela. Deille un bico e de alí a pouco bailamos os dous, ó son da música."                                                              Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas

         


 O libro da dereita é un exemplar firmado por Xosé Neira Vilas para a nosa biblioteca.
Á esquerda, dedicatoria do escritor dentro do libro "Memorias dun neno labrego"


Esta noite podemos "ir ao rebusque" no ceo. Quizais atopemos a luz de Xosé e a de Balbino, o  neno que foi, alá por entre as estrelas.

19/11/15

Relatos de medo, debuxos terroríficos...

Un ano máis a biblioteca do noso centro celebrou o seu tradicional concurso de relatos de medo e debuxos terroríficos, coincidindo coa época do Samaín.
Este ano animáronse a participar moitos nenos e nenas, sobre todo de primaria. Da ESO houbo un seguimento menor. A ver si aumenta a participación o ano que ven.
De tódolos xeitos, como ides ver nas fotos adxuntas, os rapaces, tanto pequenos coma maiores, celebraron con moita ilusión o acto de entrega de premios e golosinas.
Noraboa a todos e seguide participando!


09/11/15

Unha rapaza galega busca o seu sitio en Río 2016

Xa que este ano, no noso centro, o deporte e as Olimpíadas están a ter un lugar moi especial, a ver que vos parece esta nova do diario "El País"

Ana Peleteiro, a nena prodixio busca un salto de maior

 

 

 

A saltadora galega, que quixo deixar o atletismo polo “agobio” que lle supuxo gañar o mundial júnior,  estase a preparar para conseguir a mínima olímpica para poder participar en Río 2016.

 

  Artigo de "El País"(ler máis)

01/11/15

Un ano máis...o mercadiño!

O pasado venres 23 celebramos unha das actividades que xa é todo un clásico na nosa biblioteca. Moitos nenos que trouxeron exemplares, poideron levar outros que lles gustaron e que poderán disfrutar nas súas casas, coas súas familias.
Grazas a todos por participar.
Agora algunhas fotos de recordo!