Cada venres faremos unha pregunta sobre cine e teredes ata o xoves seguinte para contestala. Os venres, no recreo, sacaremos unha resposta ó chou; se é correcta, esa persoa gaña un premio simbólico e un punto para o premio final... que é un fantástico libro electrónico Kindle 4 coma este:
É dicir, o Día das Letras Galegas darémoslle este libro ó estudante que teña gañado máis puntos semanais. Se houbese un empate, faríamos algunha ronda de preguntas entre os empatados para ver quen gaña.
Gústavos a idea? Pois estade atentos ó taboleiro exterior da biblioteca, onde poremos as preguntas e a lista de gañadores semanais!
Boa sorte a todos e, sobre todo, que o disfrutedes!
Fotografía "Have fun" de Joel Robison
Ningún comentario:
Publicar un comentario