11/11/17

DÍA DA CIENCIA


  
    Co gallo do Día da Ciencia celebrado o 10 de novembro, e tendo en conta que o proxecto de centro deste ano adicámolo a científicos e artistas, dende a biblioteca artellouse un pequeno "laboratorio" á entrada do cole que produciu moita curiosidade entre os nosos pequenos.


Aquí vedes á profe Marta en plena actividade no laboratorio improvisado.



 


03/11/17

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A semana pasada celebramos o Día das Bibliotecas Escolares con diferentes actividades:

    1. Visitamos a Biblioteca Pública de Porriño.
        Os nenos estiveron cun personaxe que viña doutro planeta.



    2. Formamos aos usuarios da Biblioteca.
        Todos os cursos baixaron á Biblioteca para aprender, a través de distintas actividades, como é o   seu funcionamento.

 
 





    3. Fixemos un obradoiro artístico para decorar con cores o noso cole. Os máis grandes axudaban aos máis pequenos. Aprendemos xogando e traballando.
 
 


    4. Anunciamos o gañador do concurso "Mascota para o Noso Cole"--> "RIBEDINO" e fixemos unha exposición coas mascotas feitas polos nenos.




06/10/17

BUSCAMOS MASCOTA PARA O NOSO COLE


ABRIMOS A BIBLIOTECA!

   Xa remataron as vacacións e estamos aquí empezando. A nosa Biblioteca abre outra vez as súas portas, este ano con novo horario e con moitas sorpresas e novidades!

   O noso Proxecto de Centro terá que ver cos científicos e os artistas. Esperamos de todos vos moita participación e colaboración!

Abriremos tódolos días nos recreos de 11:25 a 11:55h , e  polas tardes de 15:45 a 17:00h de luns a xoves. Estaremos tamén os martes antes do recreo, de 10:35 a 11:55h  para falicitar o acceso a todas as persoas do entorno que queiran vir e en especial ó alumnado do instituto donde agora están moitos dos nosos nenos de cursos pasados.