Xa remataron as vacacións e estamos aquí empezando. A nosa Biblioteca abre outra vez as súas portas, este ano con novo horario e con moitas sorpresas e novidades!
O noso Proxecto de Centro terá que ver cos científicos e os artistas. Esperamos de todos vos moita participación e colaboración!
Abriremos tódolos días nos recreos de 11:25 a 11:55h , e polas tardes de 15:45 a 17:00h de luns a xoves. Estaremos tamén os martes antes do recreo, de 10:35 a 11:55h para falicitar o acceso a todas as persoas do entorno que queiran vir e en especial ó alumnado do instituto donde agora están moitos dos nosos nenos de cursos pasados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario