01/06/17

Exposición "Os mundos de Carlos Casares"

Foto Voz de Galicia
Os mundos de Carlos Casares, exposición central das Letras Galegas 2017, chega hoxe á capital de Galicia, onde se poderá ver ata o vindeiro 25 de xuño na Zona “C”.

Cinco espazos metafóricos diferenciados, pero permeables grazas a unha coidada montaxe fundamentada na transparencia, que permiten debuxar escenas e activar experiencias sociais, políticas, educativas e artísticas. A cartografía resultante devolve unha imaxe que aspira a ser completada polo público; unha viaxe de ida e volta, circular, que convida a revisitar a escena cultural galega nas cinco últimas décadas, recuperando unha visión do escritor e dos seus lugares que aspira a conectar coas xeracións máis novas.

Ningún comentario: