O alumnado de 5º de EP e 4º da ESO
do CPI da Ribeira vai inaugurar este luns 19 de xuño ás 20:00 h. a exposición
de fotografía “Rostros” na Casa de Cultura do Porriño, resultado do obradoiro
realizado co fotógrafo Luís Díaz Díaz.
A actividade enmárcase dentro do
proxecto Fotografía en Curso (Plan Proxecta da Xunta de Galicia) e conta coa
colaboración do Concello do Porriño. A través do retrato fotográfico, o
alumnado achégase á realidade da súa contorna, intepretándoo desde o seu ollar.
O acto de inauguración contará coa
presentación da exposición do propio alumnado, da concelleira de Educación do
Concello do Porriño e un breve acto musical.
Este proxecto innovador,coordinado
polas profesoras África Álvarez Outerelo (Música ESO), Mar Cuba Taboada
(Francés ESO), Mar Lorenzo Núñez (titora de 5º EP) e José Antonio Martínez
(Xeografía e Historia ESO) pretende introducir a fotografía nas aulas e permite
ao alumnado mellorar a técnica fotográfica, estimular a súa creatividade e
espertar afeccións artísticas.
A exposición, que se poderá visitar do 19 ao 30 de xuño, pon fin a meses
de duro traballo no que os rapaces foron transformando a súa mirada e
perfeccionando a súa técnica fotográfica. Este traballo favoreceu o
desenvolvemento de distintos proxectos interdisciplinares no centro, así como
obradoiros de escritura e fotografía, algúns deles impartidos polo propio
alumnado
Ningún comentario:
Publicar un comentario