Proximamente teredes á vosa disposición as mochilas viaxeiras que están a preparar os responsables do equipo da biblioteca.
Este curso serán máis viaxeiras ca nunca, xa que o proxecto do noso centro é, como xa dixemos outras veces, "Turismo e fotografía".
Así que irán cheas de libros, de publicacións e de películas nos que este tema será o protagonista.
Esperamos que vos sirvan para aprender moito a través das súas páxinas e das súas imaxes.
Boa viaxe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario