Como previr a violencia de xénero
Educar aos nenos e nenas, desde as idades máis temperás, nunha
cultura centrada na resolución pacífica de conflitos, fomentar a empatía
e desenvolver unha autoestima equilibrada, son principios que favorecen
a desaparición dos prexuízos de xénero que se dan xa desde a escola.
Eliminar ao máximo os estereotipos transmitidos pola cultura
patriarcal; polo tanto, ensinar a ‘ser persoa’ en lugar de ensinar a
"ser home" ou a "ser muller" e así desterrar mitos como que a
agresividade é un trazo masculino, ou pola contra, a submisión, o
silencio, a obediencia… son trazos femininos, son obxectivos da
coeducación.
Ademais, débese:
- Evitar todo menosprezo cara aqueles rapaces ou homes que non se adaptan ao modelo de masculinidade dominante.
- Evitar todo menosprezo cara aquelas rapazas ou mulleres que non se axeitan ao modelo de feminidade dominante.
- Ensinarlles aos nenos e aos homes a incorporar nas súas vidas as vivencias e expresión dos propios sentimentos e emocións que enriquecen as súas relacións persoais e así favorecer a resolución de conflitos sen recorrer a comportamentos violentos, por medio do diálogo, o acordo, a negociación…
- Desenvolver unha boa autoestima que capacite a nenas e nenos para adoptar unha actitude resolta ante a vida e os seus retos, asumir responsabilidades e enfrontarse con seguridade aos problemas.
Mans dos nosos nenos e nenas unidas contra a violencia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario