Manuel María escribiu Os soños na gaiola consciente da necesidade que había naqueles anos dunha poesía infantil en galego. O poemario axiña gañou sona, pero sen dúbida na
súa popularidade xogou un papel moi importante o feito de seren
musicados os seus versos nun disco de Suso Vaamonde, publicado en 1978
co mesmo título. Fuxan os Ventos ou O Carro tamén musicaron composicións
deste libro.
Manuel María, o protagonista do Día das Letras Galegas de 2016, iniciou a súa andaina poética coa publicación de Muiñeiro de brétemas. O libriño saíu á luz en 1950. Tiña só 19 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario