1º CICLO da ESO
DOCAMPO, Xabier P. (2014): A illa de todas as illas, ed. Xerais.
Aventura de tres rapaces, nunha illa deserta
que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira.
GALEGO GEN, Ana Mª (2012): Bandeiras negras, Baía Edicións.
Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2012
Aventuras da pequeña escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris.
Le aquí o primeiro capítulo.
2º CICLO da ESO
ALONSO, Fran (2014): Silencio, ed. Xerais, 2014.
Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a
Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e
enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da
vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha
atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de
suspense, suspense que se intensifica de forma vertixinosa para
presentarnos unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano.
Taboleiro de Fran Alonso sobre a novela en Pinterest.
ANEIROS, Rosa (2013): Ámote Leo A. Destino Xalundes, ed. Xerais.
Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014
Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio,
todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se
botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir
ela tamén ou marchar soa.
Primeira entrega da triloxía.
TOBERY, Lea (2014): Vapor, ed. Xerais.
Helena ten 19 anos e hai un sufriu un terrible accidente de avión. Só
ela sobreviviu. A partir dese tráxico suceso, a súa vida cambiou por
completo. Ela, unha persoa alegre, empezou a amosar bruscos cambios de
humor. O seu presente é de cor negra: case sempre está abatida,
irascible ou triste. E, a miúdo, séntese vapor: coma se transitase entre
a realidade e a irrealidade. Desde o accidente, a súa existencia está
estreitamente vinculada a un segredo. Ela e o seu segredo son
inseparables. Algo inconfesable ocorreu naquel avión sinistrado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario