11/11/17

DÍA DA CIENCIA


  
    Co gallo do Día da Ciencia celebrado o 10 de novembro, e tendo en conta que o proxecto de centro deste ano adicámolo a científicos e artistas, dende a biblioteca artellouse un pequeno "laboratorio" á entrada do cole que produciu moita curiosidade entre os nosos pequenos.


Aquí vedes á profe Marta en plena actividade no laboratorio improvisado.



 


03/11/17

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A semana pasada celebramos o Día das Bibliotecas Escolares con diferentes actividades:

    1. Visitamos a Biblioteca Pública de Porriño.
        Os nenos estiveron cun personaxe que viña doutro planeta.



    2. Formamos aos usuarios da Biblioteca.
        Todos os cursos baixaron á Biblioteca para aprender, a través de distintas actividades, como é o   seu funcionamento.

 
 





    3. Fixemos un obradoiro artístico para decorar con cores o noso cole. Os máis grandes axudaban aos máis pequenos. Aprendemos xogando e traballando.
 
 


    4. Anunciamos o gañador do concurso "Mascota para o Noso Cole"--> "RIBEDINO" e fixemos unha exposición coas mascotas feitas polos nenos.