17/05/26

LETRAS GALEGAS.

GRAVAMOS UN VÍDEO SOBRE BEGOÑA CAAMAÑO!

Con motivo do Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Begoña Caamaño, no noso cole realizamos unha actividade moi especial inspirada no libro Os fíos de Begoña de Eva Mejuto.
Gravamos un vídeo no que o alumnado explicou a vida e obra de Begoña, incorporando correccións, aclaracións e novas achegas ás intervencións dos compañeiros e compañeiras, seguindo o divertido formato do programa Dígocho eu!
Unha experiencia chea de aprendizaxe, lingua e traballo en equipo para seguir poñendo en valor a nosa cultura e o galego.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Ningún comentario: