Conseguímolo! Sacamos a dous personaxes dun conto e viñeron ao noso colexio para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Ademais cantáronnos unha fermosa canción:
Debes aprender Certo como o sol
Di a canción Que nos da calor
Que antes de xulgar Non hai maior verdade
Tes que chegar A beleza está
Ata o corazón. No interior.
Un dos artistas que nos mergullou nese conto foi o cantautor Manoele de Felisa que puxo a todos os nenos a cantar, bailar, aplaudir e por riba de todo a pensar no valor das persoas, na igualdade de homes e mulleres e no coidado que debemos dar ao que nos rodea, ao noso planeta: A Terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario