Xunto coas lecturas cruzadas das que falamos na entrada anterior, os nosos pequenos disfrutan moito doutra actividade xa tradicional na biblioteca: os apadriñamentos lectores.
Animar á lectura e fomentar as relacións entre os maiores e os cativos de infantil ou primaria, os apadriñados, son os principais obxectivos desta entrañable actividade. Nela intercámbianse regaliños e lense contos aos pequenos. Por todo o patio de recreo espállanse as parellas arredor dos libros, o que resulta moi fermoso de ver.
Ao rematar as lecturas, todos volven ás súas aulas cun sorriso e valoran como moi positiva a experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario