“Beber soños coma quen bebe auga”
Esta frase de Álvaro Cunqueiro, que tanto lle gustaba a Agustín Fernández Paz e
que tan ben o representaba, lémbranos ao
gran escritor galego que nos deixou este verán.
El fixo da
imaxinación a súa ferramenta de traballo e deixou en innumerables xoves e maiores a fonda pegada da sensibilidade que derramou
en tantas e tantas historias, en tantos e tantos libros que, por sorte, nos deixou.
Era un traballador das letras incansable e publícase agora, na Editorial Edebé, un dos últimos libros que deixou rematados antes de morrer, A casa do medo.
Para saber máis preme aquí.
Para lembrar as súas obras preme aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario