Como non podía ser doutra maneira, o mes de maio veu cargado coma tódolos anos, dunha chea de actividades nas que os nosos nenos e nenas divirtíronse moito. Entre outras, falamos das lecturas cruzadas e da quedada literaria que este ano se desenvolveu no parque de Castrelos, en Vigo. Cunha alta participación de escolares do entorno, a reunión puxo en valor a lingua e a literatura galegas. Temos que dicir que os noso alumnado recibiu moitas felicitacións pola súa implicación e bo facer, especialmente nos apadriñamentos lectores que se produciron durante a mañá. Parabéns!
Nas fotos adxuntas podedes ver algúns momentos vividos na xornada.
E tamén aquí máis fotos, esta vez pertencentes ás lecturas cruzadas, nas que o alumnado dunhas clases prepara recitado de poesías, este ano do poeta Manuel María; pequenas obriñas teatrales, narracións sinxelas... e vai mostrar o que estiveron a traballar a outras aulas. Débeno facer moi ben porque sempre reciben un aplauso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario