Como estamos xa na semana do 18 ao 22 de abril, dende a biblioteca e co gallo do Día do Libro estamos a preparar actividades como o apadriñamento lector ou as lecturas cruzadas. Como xa sabedes doutros anos, moitas nenas e nenos da ESO ofrécense voluntariamente para "apadriñar" ao alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria no que á lectura se refire. Así que, durante algunhas sesións do vindeiro venres 22 de abril, os maiores lerán contos aos peques do cole. De seguro o farán de maravilla!
"Non hai nada coma un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento"
Irina Bokova
Preme na imaxe para ver a mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial dol Libro e do Dereito de Autor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario