Hoxe lembramos con agarimo a un home sinxelo e bo, a un home que nos cativou
coas súas historias e o seu amor aos nenos, que nos ensinou o valor da
humildade e das cousas pequenas, pero verdadeiras e importantes. Un home ao que
moitos coñecimos a través dos ollos dun neno: o seu Balbino, que tamén é
dalgún xeito o noso Balbino, o pequeno de quen soubemos hai xa moito tempo,
pero que quedou para sempre no noso corazón.
XOSÉ NEIRA VILAS... GRAZAS!
XOSÉ NEIRA VILAS... GRAZAS!
Vídeo de Telemiño Ourense
Video de Escola de ensino galego Semente Trasancos
Escoitade, neste vídeo ao escritor falando dos nenos.
E agora, merece a pena que escoitedes esta música.
de Xosé Neira Vilas. Música: A Quenlla, "Memorias dun neno labrego"
______________________________________
"Eu, en veces, sentíame voar coma se a música me arrincase do faiado e
me levase polo aire. No ceo relucían ducias de estreliñas. Parecía que
axexaban para o rebumbio do souto.
Quedeime ollando unha que escintilaba máis que as outras. Imaxinei que
turraba por min. Sentinme xunguido, abrazado a ela. Deille un bico e de
alí a pouco bailamos os dous, ó son da música." Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
O libro da dereita é un exemplar firmado por Xosé Neira Vilas para a nosa biblioteca.
Á esquerda, dedicatoria do escritor dentro do libro "Memorias dun neno labrego"
Esta noite podemos "ir ao rebusque" no ceo. Quizais atopemos a luz de Xosé e a de Balbino, o neno que foi, alá por entre as estrelas.