TÍTULO: El factor humano
AUTOR: John Carlin
EDITORIAL: Seix
barral 2010
A fascinante historia de como Nelson Mandela conseguiu o milagre da
reconciliación entre negros e brancos en Sudáfrica. En 1985, Nelson Mandela, no cárcere por preto de vinte
e tres anos, propúxose conquistar aos seus inimigos sen loitar contra eles.
Despois de gañar a presidencia de Sudáfrica , o país foi elixido para acoller a
Copa do Mundo de Rugby.
TÍTULO: La pequeña comunista que no sonreía
nunca.
AUTOR: Lola Zafón.
EDITORIAL:
Anagrama
A través dun intercambio fabulado de correos e conversas telefónicas coa
propia Nadia Comaneci, Lola Zafón tece una especie de documental de ficción que
enche «os silencios da historia e os da protagonista». E así pode falarnos
sobre a ditadura que reina sobre o corpo feminino, sempre sometido a esixencias
de eterna xuventude.
AUTOR: Carrie Snyder.
EDITORIAL:
Alfaguara 2015
Ninguén parece lembrar as fazañas de Aganetha hoxe, a súa medalla de ouro
para o Canadá nos Xogos Olímpicos de 1928, o primeiro no que as mulleres
puideron participar en probas de longa distancia. Ata que veñen visitala ao
asilo dous estraños mozos que queren saber máis sobre a súa carreira deportiva.
É así como Aganetha volta á granxa onde naceu e recorda a súa infancia no
Canadá rural e a súa loita por converterse nunha muller independente na súa
chegada á gran cidade. Pola súa memoria pasan a devastadora Guerra Mundial, a
gripe española e a terrible década dos trinta...
Por primeira vez na historia do fútbol, unha selección de nenos vai
enfrontarse a unha selección dos mellores xogadores do mundo. O motivo: recadar
fondos para as vítimas dun terremoto. O xogo ten lugar no Estadio Azteca en
México e, por suposto, os nenos non teñen oportunidade ningunha de gañala ...Ou
si?