O alumnado de 5º de primaria visita por terceira vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio "Fíos no Tempo". Nesta 3ª sesión a temática foi: "Os xogos de antes e os xogos de agora".
Durante o segundo trimestre temos invitado ás familias a elaborar monumentos do mundo con materiais reciclados, en relación co proxecto de centro de "Unha volta ao mundo".
Houbo moito traballo detrás desta exposición, pero o resultado foi ben interesante!
Seguimos traballando cos libros da colección de "Naturizo". Eseta vez reunímonos no CEIPP Antonio Palacios e decoramos unha árbores onde Naturizo podería ter vivo se non houbese tantos incendios!
Con motivo da Semana da Prensa temos proposto a realización un ano máis do Ribediario, un xornal sobre a nosa escola con noticias feitas por alumnado e mestres. Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos...
O alumnado de 6º de Educación Primaria ten participado na segunda convocatoria de premios José Hermida de Radio Escolar, promovida polo Grupo Radio Pontevedra e, en consecuencia, hoxe 10 de marzo, téñennos ofrecido a posibilidade de visitar as súas instalacións para afondar no seu coñecemento e mellorar as nosas prácticas radiofónicas. Que ben o pasamos e canto temos aprendido!
O alumnado de 5º de primaria visita visita por segunda vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio "Fíos no Tempo". Nesta 2ª sesión a temática foi: "A escola de antes e a escola de agora".
Hoxe, martes 3 de marzo, tivemos a ocasión de recibir a Susa Herrea, quen nos ofreceu un concerto para todo o alumnado en dúas partes, partindo de cancións dos seus libros: "La moto de Rufino" e "En Cabárceno, rugidos y canciones". Grazas Susa por vir. Foi un gran pracer! Aquí tendes unha mostra...
O alumnado de 5º de primaria visita aos maiores para crear con eles unha serie de programas de radio chamados "Fíos no Tempo" sobre diferentes temáticas. Nesta 1ª sesión a temática foi: "Os xogos".
Hoxe, 23 de febreiro, con motivo do Día de Rosalía, o IES Ribeira do Louro volve contar connosco para a súa IX Ruada Rosaliana. Grazas polos versos cantados da nosa grande autora galega. Gran actuación!
O alumnado do CEIPP Da Ribeira conmemora o día da radio co gallo do Entroido. Pequenos e maiores únense nun so programa rememorando palabras que evocan entroido, convidando as súas familias a asistir ao evento escolar, narrando como foi a elaboración dos seus disfraces e por suposto, falando do típico entroido gaelgo. Este podcast non ten perda, paga a pena escoitalo! Clica aquí para poder escoitalo. Aquí tendes imaxes do proceso de elaboración!
Hoxe o alumnado de 5º e de 6º tiveron o privilexio de asistir a unha xornada informativa moi interesante con Cándido Carrera, copiloto de Rally con moitos premios a nivel nacional. O alumnado ten escoitado con moita atención todo o que nos contou e, ademais, tamén lle fixo inmuerables preguntas moi enriquecedoras para a prender sobre o mundo do rally. Que ben o pasamos! Grazas Cándido! Aquí tendes unha mostra...
Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o concello tennos ofrecido a posibilidade de facer unha charla a relvancia das mulleres na ciencia ao longo da historia e na actualidade. Así, temos aprendido moitísimo da súa contribución ao longo dos séculos, a súa falta de recoñecemento e acceso ao mundo Universitario e a súa falta de visibilidade. Que xornada máis interesante! Aquí tendes unha mostra...
Hoxe, 30 de xaneiro temos celebrado o Día Internacional da Non violencia e da Paz no pabillón do colexio formando as letras da palabra PAZ entre todos o alumnado, bailando e cantando cancións de Antonio Flores, Color Esperanza e mesmo unha canción creada explícitamente para o noso colexio. Que bonita forma de celebrar esta conmemoración e que ben o pasamos!
Con motivo da realización do novo Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información, pregamos a vosa colaboración para cubrir as enquisas que se presentan a continuación segundo sexas familia, profe ou alumno/a. Lembrade que son TRES cuestionarios diferentes (3 enlaces) os que se deben cubrir.
Para que desfrutedes durante as vacacións, deixámosvos unha selección de lecturas recomendadas para o verán no boletín trimestral Leria. Esperamos que o desfrutedes; lembra que "Se queres aventura, lánzate á lectura!"
Hoxe 18 de decembro, as axudantes de Papá Noel téñennos visitado á biblioteca do colexio. Ademais, persoal de aeroporto de Vigo entregáronlle un premio á nosa a alumna de 5º de Ed. Primaria Adriana por ter gañado un concurso de debuxo. Parabéns!!!
Hoxe, 10 de decembro, tivemos na ACEESCA o segundo encontro do Club de Lectura DUA intercentros. Así, a xornada foi moi divertida, posto que incluíu un pequeno obradoiro de creación con arxila de ourizos, como o protagonista da colección que estamos lendo: Naturizo. Esperamos xa a seguinte sesión!
Con motivo do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, tratamos de fomentar o feito de poñerse na pel do outro. Pero o obxectivo dunha xornada como esta, non é experimentalo, vivilo ou ter un día diferente, senón levar o debate ás aulas, ser capaces de identificar barreiras, buscar solucións, ser parte desa solución, traballar xuntos, cooperar, valorar e valorarnos. Así, desde o colexio organizouse unha xornada para que o alumnado por ciclos realizase experiencias sensoriais e experimentase a posibilidade de practicar deportes adaptados. Canto temos aprendido e experimentado!