REMATAMOS POR ESTE CURSO...
01/07/25
12/06/25
LECTURA E FAMILIAS.
COLOCAMOS O NOME AOS RIBEMONSTROS!
Despois de ter o obradoiro con Sabela Gago, o pasado 20 de maio, tiñamos pendente poñerlle nomes aos monstros que o alumnado fixo coas súas familias. Así, despois de telos repartido polas aulas, conseguimos que todos eses monstros xa teñan nome! Témolos expostos todos na parede do corredor da nosa bilbioteca!A continuacións podedes velos...
07/06/25
BOLETÍN LERIA.
LECTURAS RECOMENDADAS PARA VERÁN!
Para rematar o curso, e como todos os trimestres, Ribedino quere facer varias recomendacións lectoras ao alumnado para seguir fomentando a lectura no verán. É por iso que aquí tendes o tríptico de libros para evitar aburrirse nos meses de verán...
06/06/25
CERTAME A CIENCIA CERTA.
Feira De Ciencia en O Porriño!
Un ano máis participamos nesta iniciativa organizada polo Concello de O Porriño e o grupo Zendal, xunto coa Universidade de Vigo. Grazas rapaces por todo o voso traballo!
05/06/25
V CONGRESO EDUCODS.
Unha maqueta, un hórreo e unha inforgrafía!
Hoxe, que é o Día Mundial do Medio Ambiente, temos participado no V Congreso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, promovido polo CEIP Nº 1 de Tui. Foi o noso terceiro ano participando cun stand: "Un Camiño sen Pegada" onde todos os Obradoiros de Aprendizaxe do centro, contribuíron para crear este proxecto e aprender un pouco máis a importancia da pegada e dos ODS.
28/05/25
BIBLIOTECA CREATIVA.
Obradoiros de cociña creativa!
Hoxe, mércores 28 de maio, realizáronse diferentes actividades traballando un obradoiro de cociña creativa conseguindo distintos retos: memoria, curiosidade, elaboración e transformación adaptado aos diferentes niveis de infantil e primaria. Estes obradoiros foron levados a cabo por Patricia García, do centro de estudos Trazos Class. Que ben o pasamos!
Aquí tendes unha mostra...
23/05/25
RADIO NA BIBLIO.
A RIBERRADIO SEGUE SEN PARAR!
O alumnado de 4 anos visita a radio para falar de Rosalía de Castro e contar o conto de "A Oruga Glotona".
22/05/25
CLUB DE LECTURA DUA.
A ARRANXAR CORAZÓNS DÍXOSE...!
Hoxe tivemos a V Quedada do Club DUA de Lectura xunto coa ACEESCA e o CEIP Antonio Palacios. Lemos todos xuntos "Taller de Corazones" e fixemos unha actividade sobre como podemos arranxar corazóns!
Aquí tendes unha mostra...
20/05/25
LECTURA E FAMILIAS!
UN OBRADOIRO MONSTRUOSO!
Onte pola tarde, desenvolveuse unha xornada moi especial coas familias e Sabela Gago. Unha sesión chea de dinámicas de dramatizacións de contos relacionada cos monstros para rematar facendo en grupos, con recortes e diferentes cores o noso propio monstro!
Grazas Sabela por unha tarde tan divertida e sorprendente!
15/05/25
IV XUNTANZA LITERARIA.
Un encontro anual moi literario!
Por cuarto ano máis reunímonos para ler, cantar e bailar no parque Alba. Unha experiencia moi entrañable á vez que enriquecedora, mentres se goza da lectura e da música.
Grazas a todos os centros por participar un ano máis coa mesma ilusión e ganas!
Aquí tendes un resumo da xornada!
12/05/25
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.
Celebramos a semana das Letras Galegas!!!
Este ano están dedicadas ás Cantareiras! O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convidou ao cole á asociación @acfascharaviscas que nos ensinaron un montón de cousas sobre as cantareiras: bailes, instrumentos, cantigas, tradicion... puro folk. Canto aprendemos!
Velaquí un resumo...
08/05/25
RADIO NA BIBLIO.
Falamos de curiosidades de animais!
A radio segue traballando a toda máquina! Neste caso o alumnado de 3º estivo falando de curiosidades sobre os animais. Axiña teremos todos os programas dispoñibles na página do cole para que poidades escoitalos!
07/05/25
XOGOS NA BIBLIO!
Xornada de aprendizaxe coas familias!
O alumnado de 2º de primaria, convertéronse en mestres por un día e ensinaron aos papás e mamás como aprenden. Grazas ás familias por pasar a tarde de onte con nós!
05/05/25
PROGRAMA IV XUNTANZA LITERARIA.
Xa queda menos! IV Xuntanza Literaria dos centros do Porriño no Parque Alba de Torneiros. Venres 9 de maio!
28/04/25
SEMANA DO LIBRO.
Visítanos Estefanía Padullés!
Como peche de ouro á Semana do Libro temos recibido a visita da escritora, ilustradora e muralista Estefanía Padullés, quen nos ten falado do seu traballo e, en concreto, de dous dos seus libros: "a manchas o a rayas" e "O reino de Libeliño". Grazas Estefanía por ter vido e compartido con nós un momento tan agradable como enriquecedor!
25/04/25
RADIO NA BIBLIO.
A voz das nenas e nenos do Porriño no aire!
Unha actividade organizada polo Concello do Porriño pensada para que os máis novos e novas coñezan como funciona unha emisora desde dentro, mentres dan voz ás súas ideas, intereses e emocións.
SEMANA DO LIBRO.
RIBEDINO REPARTE AGASALLOS PARA FUTUROS ESCRITORES/As!
Con motivo da Semana do Libro, Ribedino decidiu ter un detalle co equipo docente e co alumnado para animar a futuros/as escritores: unha libreta e unha rosa. Un pequeno detalle que pode ser o comezo de historias que contar e escribir.
23/04/25
SEMANA DO LIBRO (DÍA DO LIBRO).
LECTURAS E MÁIS LECTURAS!
Hoxe 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro. Hai grandes libros no Mundo e grandes Mundos nos libros!
11/04/25
BOLETÍN LERIA.
LECTURAS RECOMENDADAS PARA AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!
Como todos os trimestres, subimos o noso tríptico con lecturas que vos recomendamos para estas vacacións. Lembra que "Se queres aventura, lánzate á lectura!"
03/04/25
MONTE VIDA.
COIDEMOS OS NOSOS BOSQUES!
O pasado xoves 3 de abril un bombeiro e un garda forestal teñen ofrecido unha charla informativa para o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, sobre a importancia de coidar os nosos bosques, así como dos perigos e consecuencias dos incendios que se producen neles. Canto temos aprendido!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.png)
.png)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)






.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

