REMATAMOS A ESTANCIA ARA A NOSA RADIO!
08/07/24
26/06/24
RADIO NA BIBLIO.
14/06/24
ACTIVIDADE FINAL.
E REMATAMOS... CUN MERCADILLO SOLIDARIO!
A biblioteca remata a súa proposta anual de actividades organizando un mercadillo solidario de intercambio de libros que o alumnado queira desfacerse a cambio doutros ofrecidos pola propia bilbioteca. Ademais todo o alumando de todas as clases puido levarse de agasallo un libro para ler nas vacacións de verán. Así, durante a semana do 10 ao 14 de xuño todas as clases pasaron pola biblioteca para intercambiar/ recoller libros. Grazas Ribedino pola túa xenerosidade!!!
REVISTA RUXE RUXE.
A NOSA REVISTA "RUXE, RUXE" XA CHEGOU!
Desde o equipo de Dinamización de Lingua Galega tense elaborado a revista escolar na que se resume todo o realizado ao longo deste curso escolar para que toda a comunidade educativa poida ver canto traballamos no cole!!
10/06/24
BOLETÍN LERIA.
LECTURAS RECOMENDADAS PARA VERÁN!
Para rematar o curso, deixámosvos unha selección de lecturas recomendadas para o verán no boletín trimestral Leria. Esperamos que o desfrutedes; lembra que "Se queres aventura, lánzate á lectura!"
07/06/24
BIBLIOTECA CREATIVA.
A MALETA CREATIVA REMATA A SÚA ANDAINA!
A maleta de biblioteca creativa leva rulando polas aulas ao longo do ano e coa fin de curso remata a súa circulación. Así temos a continuación as últimas instantáneas do seu uso este curso a mans do alumnado de 4º de Ed. Primaria...
05/06/24
LECTURA E FAMILIAS.
RIBEGRAMAS EN FAMILIA!
Como última actividade escrita do programa Lectura e Familias, o alumnado e as familias teñen composto caligramas. Teñen saído verdadeiras xoias como podedes ver a continuación...
CLUB DE LECTURA.
ÚLTIMA SESIÓN DE CLUB DE LECTURA!
O pasado martes 4 de xuño o grupo de 5º de Primaria realizou unha sesión final especial de club de lectura con comida incluída para valorar o libro que estiveran lendo de "Emie es invisible", así como expuxéronse uns aos outros a actividade de expresión escrita relacionada co que fixeran. Que ben o pasamos!
29/05/24
LECTURA E FAMILIAS.
UNHA GALA DE MAXIA COAS FAMILIAS MOI AGRADABLE!
Para rematar o programa de Lectura e Familias deste curso, temos promovido unha sesión de maxia para alumnado e familias co mago Samuel Moreno. Unha xornada que estivo chea de trucos de maxia, interaccións co público e moitas risas. Así, pódese afirmar que o temos pasado moi ben como podedes comprobar...
24/05/24
BIBLIOTECA CREATIVA.
CONTACONTOS E OBRADOIRO DE CARTÓN!
O pasado mércores 22 de maio, Ton Arenas realizou no cole unha xornada dobre de contacontos e obradoiro. Así, o alumnado puido ver un contactacontos con títeres e logo explicou como facer manualidades con cartón que logo cada clase fixo cos seus titores. Que divertido foi!Aquí tendes unha mostra...
23/05/24
LECTURA E FAMILIAS.
O CONTACONTOS MÁIS DIVERTIDO!
O pasado martes, 21 de maio, organizamos un contacontos para familias e alumnado, a cargo de Tarabelos. Foi todo moi ben. Rímonos e divertímonos moito!Aquí tendes unha mostra...
20/05/24
LECTURA E FAMILIAS.
AS RIBEPORTADAS SON TODO UN ÉXITO!
O alumnado de Ed. Infantil e Primaria xa ten expostas as Ribeportadas nos corredores do cole. Quedaron ben bonitas! Aquí tendes unha mostra...
16/05/24
DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
UNHA SCAPE ROOM SOBRE LUISA VILLALTA...
Por iniciativa do equipo de Dinamización da Lingua Galega, tense creado un Scape Room adaptado a todos os curso e idades para conmemorar e coñecer a esta escritora galega. Temos que axudar a Luísa Villalta para montar a casiña duns animais fantásticos para unha das súas historias. Pero as pezas da casiña están dentro dunhas caixas pechadas con candados. O alumnado das diferentes clases tivo que superar una serie de probas para conseguir as chaves e os códigos dos candados. Superar as probas daba acceso a un premio: un ticket para poder acceder a unha comilona de productos galegos!
- Aula de 5 anos:
- Aula de 6º de Primaria:
.jpeg)
- Aula de 5 anos:
- Aula de 6º de Primaria:
.jpeg)
10/05/24
III XUNTANZA LITERARIA.
COMPARTINDO MOMENTOS LITERARIOS INESQUECIBLES!
Hoxe, venres 10 de maio, por terceiro ano consecutivo, temos celebrado a III Xuntanza Literaria, na que membros de 12 centros de O Porriño téñense xuntado no Parque Alba de Torneiros para afianzar lazos a través da literatura, lendo moitísimos contos! Ademais tamén disfrutamos da actuación de Xoán Curiel. Que mellor forma de aprender e disfrutar en grupo que xuntándonos para lernos uns aos outros no medio da natureza?
Grazas a todos os centros que participáchedes. Pasámolo moi ben!
Aquí vos deixamos unha mostra...
06/05/24
CLUB DE LECTURA.
UNHA MALETA DE MARIONETAS!
Hoxe temos posto a disposición do profesorado do centro unha marioneta chea de marionetas para que as clases que participan no programa Club de lectura poidan empregala cando o desexen para desenvolver as súas actividades!
26/04/24
SEMANA DO LIBRO.
UN KAMISHIBAI CON LUZ NEGRA PARA REMATAR!
O alumnado de 2º ten preparado un kamishibai para luz negra sobre O monstro de cores. Ademais bailaron a canción do monstro e mesmo teñen organizado unha pequena festa! Que maneira máis chula de pechar a Semana do Libro!
25/04/24
RADIO NA BIBLIO.
CONTINUAMOS GRABANDO PROGRAMAS: O AMOR!
A Riberadio segue funcionando a toda máquina, así o alumnado de sextoten grabado un podcast sobre o amor, no que lle preguntaron a usuari@s do centro de día.
23/04/24
SEMANA DO LIBRO.
FAMILIAS LECTORAS!
Con motivo da celebración da Semana do Libro o centro ten invitado a que sexan as familias as que veñan ler ás diferentes clases. Que ben o estamos pasando. GRAZAS por ter vido!
Aquí tendes una mostra...
Nai de Edurne (4 anos) e Dylan (1º primaria):
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)





.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





