24/10/23

MALETA DE BIBLIOTECA CREATIVA.

 FOMENTANDO O USO DOS RECURSOS DE BIBLIO CREATIVA!

A partir do luns 23 de outubro póñense en circulación polas aulas unha maleta con materiais e xogos de biblioteca creativa, para que as diferentes titorías poidan desfrutar nas propias aulas da multiplicidade de posibilidades e recursos que esta ofrece a nosa biblio. Esperamos que a desfrutedes!



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 VISITA DISTINGUIDA...

Tal e como estaba previsto, hoxe veunos visitar a doutora-escritora Sonia Blanco Sío, quen nos contou o seu conto "A pedra Vermella", baseado nunha experiencia persoal. A propia autora ten publicado no seu propio Facebook o seu paso polo CEIPP da Ribeira.
Grazas Sonia por ter vido ao noso cole!


01/10/23

"RIBECIRCO"

 NOVO CURSO ESCOLAR!

Comezamos outro curso e como cada ano a biblioteca do cole abre as súas portas, e para informar da súa apertura, que mellor forma hai que RIBEDINO visitando as aulas do centro!

27/06/23

BOLETÍN LERIA DE VERÁN.

 BO VERÁN!!!

Para rematar o curso cheo de aprendizaxes, propoñemos o noso tríptico de lecturas recomendadas para o verán.

 DESCARGAR BOLETÍN AQUÍ

Desde o equipo de biblioteca, os nosos mellores desexos de que teñades boas vacacións!

18/06/23

REMATAMOS CUN MERCADILLO GRATUITO!

UNHA OPORTUNIDADE PARA LER EN VERÁN!

Estamos a punto de rematar este curso e para fomentar que o noso alumnado lea no periodo estival, temos posto en marcha un mercadillo gratuito, no que cada alumno/a poderá levar ata tres libros da biblioteca á casa de regalo para lelos no verán. Polo que temos visto xa, a participación e o entusiasmo foron moi elevados!






25/05/23

ENQUISAS DE FINAL DE CURSO.

XA NON QUEDA NADA...

Estamos rematando o curso e como cada ano solicitamos a colaboración de alumnado e familias para poder seguir mellorando. Temos avanzado moito ao longo deste curso pero debemos seguir avanzando. É por iso que vos pedimos que se podedes cubrades a enquisa para familias que se vos propón na marxe dereita.

É algo breve e sinxelo de cubri pero que nos pode axudar moito a seguir avanzando.  

Agardamos a vosa participación! 

16/05/23

OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS.

Unha tarde de alumnado, familias e lectura!

Hoxe luns 15 de maio, organizamos na biblioteca un obradoiro para alumnado e familias, onde Patricia García, mestra e pedagoga, realizou un contacontos con actividades interactivas para o público presente. Esta iniciativa estivo enmarcada dentro do programa Lectura e Familias.

Agradecemos a todos os participantes a súa asistencia. Qué ben o pasamos!

27/04/23

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

 FELIZ SEMANA!!!

Ao longo desta semana en Ed. Infantil téñense organizado apadriñamentos lectores co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, e de igual xeito de 1º a 6º de Primaria realizáronse lecturas cruzadas entre ditos cursos. Que ben o pasamos!! Que divertido é ler!


Aquí tendes unha montaxe final con todo o realizado!

VÍDEO

21/04/23

II XUNTANZA LITERARIA.

VIVA A LECTURA!
Hoxe 21 de abril, preto de 400 alumnos/as teñen celebrado a II Xuntanza Literaria no parque Alba do polígono de Torneiros. Participamos 10 centros e houbo moito ánimo por parte do alumnado, así como moita colaboración entre todos os coordinadores das Bibliotecas. Que ben o pasamos!!
Agradecemos o patrocinio desde o Concello de O Porriño, así como a visita do Sr. alcalde durante a propia xuntanza.
                      VÍDEO DA XORNADA

07/04/23

CLUB DE LETURA DE 5º E 6º.

POSTA EN MARCHA DO CLUB DE LECTURA!
O alumnado de 5º e 6º ten posto en marcha o seu club de lectura coa elaboración da elaboración do conto de "O monstro de colores" para kamishibai. Unha vez que o tiveron elaborado foron expoñelo aos cursos de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Ed. Primaria. Que ben o pasaron!




04/04/23

BOLETÍN LERIA.

 LECTURAS DE PRIMAVERA!

Con motivo das vacacións de Semana Santa, publicamos o noso tríptico de lecturas recomendadas para esta primavera. Esperamos que o desfrutedes!

 

DESCARGA AQUÍ O TRÍPTICO

31/03/23

ENCONTROS DE CENTROS DO PLAMBE EN SANTIAGO.

APOSTANDO POLA MELLORA DAS BIBLIOTECAS!
Hoxe, venres 31 de marzo, celebráronse as Xornadas PLAMBE no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Ten sido un día moi enriquecedor, onde numerosos centros teñen compartido as súas experiencias relacionadas coas bibliotecas escolares. Canto temos avanzado, e á vez, canto debemos seguir avanzando!





12/03/23

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

"A MULLER DA MIÑA VIDA" E "MULLERES GALEGAS DESTACADAS"

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o alumnado ten realizado unha proposta dobre relacionada con esta conmemoración. Así, traballamos por unha banda as mulleres máis importantes para a vida do alumnado do seu ambiente próximo, e por outra banda, tamén traballamos mulleres galegas que teñen destacado ao longo da historia. Este foi o resultado:


 



24/02/23

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Celebramos o Día de Rosalía de Castro recitando poemas! Mestres e alumnado únense para homenaxear a esta gran escritora!

14/02/23

DÍA DE SAN VALENTÍN.

O AMIGO PERFECTO

Con motivo da celebración de San Valentín, no centro temos traballado co libro "El amigo perfecto", de Gabriela Keselman. O equipo de Dinamización de Lingua Galega ten realizado a súa traducción á lingua galega e coa colaboración de todas as titorías elaboramos un videoconto do libro. O día de San Valentín vimos a composición final. O resultado foi ben interesante!


05/02/23

RECURSOS DO CFR DE VIGO.

MALETAS VIAXEIRAS!!

Desde o CFR de Vigo cedéronnos por un mes dúas maletas viaxeiras cheas de coñecementos, con de temáticas ben interesantes: "Mirando ao ceo" e "Stem". Así, durante o mes de febreiro irán rulando por todas as aulas do cole para que o alumnado poida descubrir todo o coñecemento que elas lles pode ofrecer!!





01/02/23

UNHA BUFANDA POLA PAZ.

 XUNTOS POLA PAZ!

Con motivo da conmemoración do día da Paz e da NON Violencia, temos elaborada unha gran budanda, feita con moito cariño por todos os nenos! 

A idea partiu do libro titulado "Mi lado de la bufanda", un libro que non só entretén senón que tamén nos ensina.

Aquí tendes un vídeo da composición final:

28/01/23

LECTURA E FAMILIAS.

O RIBECONTO VIAXEIRO

Como parte do programa de Lectura e Familias do que forma parte a nosa biblioteca, temos posto en marcha un Ribeconto viaxeiro!
Así, cada clase ten unha libreta que vai viaxar polas casas do alumnado para que os propios nen@s, en colaboración coas súas familias, vaian compoñendo entre  tod@s, a súa historia. Deste modo, cada clase terá composto cadanseu relato ao final do trimestre. Vai ser moi divertido!
Desde a biblio agradecemos a tod@s a vosa participación.

22/12/22

BOLETÍN LERIA.

LECTURAS DE NADAL

Con motivo das vacacións de Nadal, publicamos o noso tríptico de lecturas recomendadas para estas vacacións. Esperamos que o desfrutedes!


19/12/22

PAPÁ NOEL VISÍTANOS!

Este luns 19 de decembro tennos visitado Papá Noel na biblioteca do cole!!!

Tod@s os nen@s téñenlle entregado as cartas as súas cartas con todos os agasallos que lles gustaría recibir. Esperamos que poidas cumprir todos seus desexos!

Grazas por vir, Papá Noel!