31/03/23
ENCONTROS DE CENTROS DO PLAMBE EN SANTIAGO.
12/03/23
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
"A MULLER DA MIÑA VIDA" E "MULLERES GALEGAS DESTACADAS"
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o alumnado ten realizado unha proposta dobre relacionada con esta conmemoración. Así, traballamos por unha banda as mulleres máis importantes para a vida do alumnado do seu ambiente próximo, e por outra banda, tamén traballamos mulleres galegas que teñen destacado ao longo da historia. Este foi o resultado:
24/02/23
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
Celebramos o Día de Rosalía de Castro recitando poemas! Mestres e alumnado únense para homenaxear a esta gran escritora!
14/02/23
DÍA DE SAN VALENTÍN.
O AMIGO PERFECTO
Con motivo da celebración de San Valentín, no centro temos traballado co libro "El amigo perfecto", de Gabriela Keselman. O equipo de Dinamización de Lingua Galega ten realizado a súa traducción á lingua galega e coa colaboración de todas as titorías elaboramos un videoconto do libro. O día de San Valentín vimos a composición final. O resultado foi ben interesante!
05/02/23
RECURSOS DO CFR DE VIGO.
MALETAS VIAXEIRAS!!
Desde o CFR de Vigo cedéronnos por un mes dúas maletas viaxeiras cheas de coñecementos, con de temáticas ben interesantes: "Mirando ao ceo" e "Stem". Así, durante o mes de febreiro irán rulando por todas as aulas do cole para que o alumnado poida descubrir todo o coñecemento que elas lles pode ofrecer!!
01/02/23
UNHA BUFANDA POLA PAZ.
XUNTOS POLA PAZ!
Con motivo da conmemoración do día da Paz e da NON Violencia, temos elaborada unha gran budanda, feita con moito cariño por todos os nenos!
A idea partiu do libro titulado "Mi lado de la bufanda", un libro que non só entretén senón que tamén nos ensina.
Aquí tendes un vídeo da composición final:
28/01/23
LECTURA E FAMILIAS.
O RIBECONTO VIAXEIRO
22/12/22
BOLETÍN LERIA.
LECTURAS DE NADAL
19/12/22
PAPÁ NOEL VISÍTANOS!
Este luns 19 de decembro tennos visitado Papá Noel na biblioteca do cole!!!
Tod@s os nen@s téñenlle entregado as cartas as súas cartas con todos os agasallos que lles gustaría recibir. Esperamos que poidas cumprir todos seus desexos!
Grazas por vir, Papá Noel!
18/12/22
CONTACONTOS CON PAKO PAKOLAS.
QUE BEN O PASAMOS!
01/12/22
BIBLIOTECA CREATIVA II: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS!
25/11/22
25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, temos proposto diferentes actividades desde a biblioteca do cole. Así, propuxemos traballar durante as horas de ler da semana do 21 ao 25 de novembro co libro Violeta & Co cambian el mundo de Raquel Díaz Reguera. Aquí tendes o videoconto do libro para quen non o coñeza:
13/11/22
XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
06/11/22
BIBLIOTECA CREATIVA.
ABRIMOS O RECUNCHO MÁIS INTERESANTE DA NOSA BIBLIO!
A partir do luns 7 de novembro ábrese o RECUNCHO CREATIVO da nosa biblio!!
25/10/22
MOCHILAS VIAXEIRAS.
Hoxe entregamos ás diferentes titorías as mochilas viaxeiras para que poidades disfrutar aínda máis dos fondos da nosa biblioteca non só no cole, senón tamén en casa!
24/10/22
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
13/10/22
UNHA VISITA ESPECIAL.
NON O PODEDES PERDER!
Co motivo da celebración do día das bibliotecas escolares, viranos visitar alguén moi especial. Non volo podedes perder. RIBEDINO espéravos!
10/10/22
DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA.
A NOSA PORTA...
Con motivo da nova temática do proxecto do centro (RIBENAUTAS), invitamos ao alumnado a axudar a decorar a porta da biblioteca con pequenos extraterrestres. O resultado foi moi interesante.
Moitas grazas a todas as titorías pola vosa participación!
06/10/22
"RIBENAUTAS"
NOVO CURSO ESCOLAR!
Como cada curso a biblioteca do cole abre as súas portas, e para informar da súa apertura, que mellor forma hai que RIBEDINO visitando as aulas do centro...













.jpeg)











.jpeg)
.jpeg)





