14/12/23

CLUB DE LECTURA

CLUB DE LECTURA...PESCUDA DO TESOURO.

Derivado do feito de que a desde a biblioteca promóvese o desenvolvemento do programa "Club de lectura", a aula de 5 anos ten realizado unha actividade moi divertida que consistiu nunha pescuda do tesouro, derivado do traballo co libro "LEotolda". Velaquí algunhas fotos...


11/12/23

10D: DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.

DE DEREITOS E BANDEIROLAS VAI A COUSA...

Con motivo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, temos representado en colaboración con todas as aulas os 30 dereitos humanos en  banderíns que temos colgado na entrada do colexio, complementando a manualidade feita para 0 20 de Novembro. Así foi o resultado...

04/12/23

3D: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.

 UNHA XORNADA DE RELEXIÓN... UNS CALCETÍNS DISPARES...
O 3 de decembro conmemoramos unha conmemoración moi especial na que tratamos de reflexionar nas nosas horas de ler do luns 4 e do martes 5 sobre a discapacidade e o mundo no que vivimos, a través dun vídeo elaborado polos nen@ e para os nen@s. Igualmente, o citado luns témonos posto os calcetíns desemparellados, coa fin de concienciar acerca da importancia da igualdade de tod@s por moi diferentes que sexamos. 
Aquí podedes velo...



E o vídeo...





24/11/23

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

CONTACONTOS, VÍDEOS REFLEXIVOS, MURAIS E MOITO MÁIS...

A conmemoración do 25 de novembro é de grande relevancia nos nosos días e como consecuencia diso temos realizado desde unha xornada de contacontos ao longo de toda a mañá para os diferentes cursos onde se falou sobre as desigualdades entre homes e mulleres, elaboramos un mural con palabras clave desta conmemoración, e mesmo creamos un vídeo para facer reflexionar sobre a importancia da igualdade de xénero... Ten sido unha xornada moi interesante...

20/11/23

20 N: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.

CELEBRAMOS O 20 N con múltiples actividades...

O Día Universal da Infancia celebrámolo por todo o alto decorando estreliñas cos dereitos da infancia, cunha carreira solidaria e mesmo facendo donativos á organización "bicos de papel" de Vigo para axudar a nenos e nenas con graves problemas de saúde. Un día inolvidable!

Vídeo da Xornada...

09/11/23

BIBLIOTECA CREATIVA I.

A MALETA DE BIBLIOTECA CREATIVA É TODO UN ÉXITO!
Desde hai unhas semanas, tense posto en funcionamento unha maleta con recursos de biblioteca creativa por todas as aulas do colexio, e está tendo un fantástico recibimento entre os nenos e nenas! Xa ten pasado polas aulas de 3 anos, de 5 anos, de 1º e 2º de Primaria. Aquí tendes unha mostra...



06/11/23

CLUB DE LECTURA.

OS clubes de lectura FUNCIONAN A TODA MÁQUINA!
Un curso máis seguimos promocionando e formando clubes de lectura e nas diferentes aulas, como en 2º e 4º de Educación Primaria, xa están postos en marcha. Que divertido é ler!

02/11/23

FORMACIÓN DE USUARI@S.


REMATAMOS A FORMACIÓN DE USUARI@S...

Hoxe, 2 de novembro, rematamos a formación de usuari@s de todos o alumnado do centro, 
Ao longo de todo o mes de outubro, as diferentes clases teñen baixado á biblioteca do cole para aprender ou recordar cales son as normas da biblioteca, así como afondar na súa organización e funcionamento.
Xa temos un alumnado experto na nosa biblioteca!






24/10/23

MALETA DE BIBLIOTECA CREATIVA.

 FOMENTANDO O USO DOS RECURSOS DE BIBLIO CREATIVA!

A partir do luns 23 de outubro póñense en circulación polas aulas unha maleta con materiais e xogos de biblioteca creativa, para que as diferentes titorías poidan desfrutar nas propias aulas da multiplicidade de posibilidades e recursos que esta ofrece a nosa biblio. Esperamos que a desfrutedes!



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 VISITA DISTINGUIDA...

Tal e como estaba previsto, hoxe veunos visitar a doutora-escritora Sonia Blanco Sío, quen nos contou o seu conto "A pedra Vermella", baseado nunha experiencia persoal. A propia autora ten publicado no seu propio Facebook o seu paso polo CEIPP da Ribeira.
Grazas Sonia por ter vido ao noso cole!


01/10/23

"RIBECIRCO"

 NOVO CURSO ESCOLAR!

Comezamos outro curso e como cada ano a biblioteca do cole abre as súas portas, e para informar da súa apertura, que mellor forma hai que RIBEDINO visitando as aulas do centro!

27/06/23

BOLETÍN LERIA DE VERÁN.

 BO VERÁN!!!

Para rematar o curso cheo de aprendizaxes, propoñemos o noso tríptico de lecturas recomendadas para o verán.

 DESCARGAR BOLETÍN AQUÍ

Desde o equipo de biblioteca, os nosos mellores desexos de que teñades boas vacacións!

18/06/23

REMATAMOS CUN MERCADILLO GRATUITO!

UNHA OPORTUNIDADE PARA LER EN VERÁN!

Estamos a punto de rematar este curso e para fomentar que o noso alumnado lea no periodo estival, temos posto en marcha un mercadillo gratuito, no que cada alumno/a poderá levar ata tres libros da biblioteca á casa de regalo para lelos no verán. Polo que temos visto xa, a participación e o entusiasmo foron moi elevados!






25/05/23

ENQUISAS DE FINAL DE CURSO.

XA NON QUEDA NADA...

Estamos rematando o curso e como cada ano solicitamos a colaboración de alumnado e familias para poder seguir mellorando. Temos avanzado moito ao longo deste curso pero debemos seguir avanzando. É por iso que vos pedimos que se podedes cubrades a enquisa para familias que se vos propón na marxe dereita.

É algo breve e sinxelo de cubri pero que nos pode axudar moito a seguir avanzando.  

Agardamos a vosa participación! 

16/05/23

OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS.

Unha tarde de alumnado, familias e lectura!

Hoxe luns 15 de maio, organizamos na biblioteca un obradoiro para alumnado e familias, onde Patricia García, mestra e pedagoga, realizou un contacontos con actividades interactivas para o público presente. Esta iniciativa estivo enmarcada dentro do programa Lectura e Familias.

Agradecemos a todos os participantes a súa asistencia. Qué ben o pasamos!

27/04/23

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

 FELIZ SEMANA!!!

Ao longo desta semana en Ed. Infantil téñense organizado apadriñamentos lectores co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, e de igual xeito de 1º a 6º de Primaria realizáronse lecturas cruzadas entre ditos cursos. Que ben o pasamos!! Que divertido é ler!


Aquí tendes unha montaxe final con todo o realizado!

VÍDEO

21/04/23

II XUNTANZA LITERARIA.

VIVA A LECTURA!
Hoxe 21 de abril, preto de 400 alumnos/as teñen celebrado a II Xuntanza Literaria no parque Alba do polígono de Torneiros. Participamos 10 centros e houbo moito ánimo por parte do alumnado, así como moita colaboración entre todos os coordinadores das Bibliotecas. Que ben o pasamos!!
Agradecemos o patrocinio desde o Concello de O Porriño, así como a visita do Sr. alcalde durante a propia xuntanza.
                      VÍDEO DA XORNADA

07/04/23

CLUB DE LETURA DE 5º E 6º.

POSTA EN MARCHA DO CLUB DE LECTURA!
O alumnado de 5º e 6º ten posto en marcha o seu club de lectura coa elaboración da elaboración do conto de "O monstro de colores" para kamishibai. Unha vez que o tiveron elaborado foron expoñelo aos cursos de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Ed. Primaria. Que ben o pasaron!




04/04/23

BOLETÍN LERIA.

 LECTURAS DE PRIMAVERA!

Con motivo das vacacións de Semana Santa, publicamos o noso tríptico de lecturas recomendadas para esta primavera. Esperamos que o desfrutedes!

 

DESCARGA AQUÍ O TRÍPTICO

31/03/23

ENCONTROS DE CENTROS DO PLAMBE EN SANTIAGO.

APOSTANDO POLA MELLORA DAS BIBLIOTECAS!
Hoxe, venres 31 de marzo, celebráronse as Xornadas PLAMBE no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Ten sido un día moi enriquecedor, onde numerosos centros teñen compartido as súas experiencias relacionadas coas bibliotecas escolares. Canto temos avanzado, e á vez, canto debemos seguir avanzando!