O RIBECIRCO ESTREA A SÚA FUNCIÓN de Entroido!
Un ano máis celebramos o Entroido por todo o alto. A chuvia non foi un impedimento. Aquí tendes unha mostra...
Un ano máis celebramos o Entroido por todo o alto. A chuvia non foi un impedimento. Aquí tendes unha mostra...
O RIBEMECO E OS SEUS MANDATOS...
Despois dun período de renovación, presentamos o blog da biblioteca totalmente actualizado, onde se amosarán todas as novidades da Ribebiblio! Non volo perdades!
Desde que se puxo en marcha a maleta con material de biblioteca creativa non ten parado de pasar polas diferentes aulas do cole. Así, ten abraiado ao alumnado co seu interesante contido, e tenlles ofrecido momentos de aprendizaxe moi lúdico. Comeza o seu paso polo terceiro ciclo de Educación Primaria!
Porén, ofrecemos un pequeno recordo do paso exitoso pola aula de 5º de Educación Infantil...
BOLETÍN DE LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL
Como todos os anos propoñemos unha serie de lecturas recomendadas no tradicional boletín "Leria" que vos temos entregado coas notas do primeiro trimestre. Esperamos que vos sexa útil. Desde a biblio desexámosvos BOAS FESTAS!
Derivado da doazón que fixemos a partires de todas as achegas que fixeron as familias do alumnado do centro para a Organización "Bicos de papel" de Vigo con motivo do Día Universal da Infancia, o pasado 20 de Novembro, téñennos recoñecido no seu Instagram. Velaquí a publicación que nos teñen dedicado:
Esperamos ter axudado con todas as achegas realizadas! Unha gra obra realizada por unha gran comunidade educativa!
Como cara dano, este mércores 20 de decembro, tivemos o pracer de contar coa presenza de Papá Noel, a pesares do ocupado que está nestas datas tan sinaladas. Así, cada nen@ desde 3 anos ata segundo de primaria entegou as súas cartas ás axudantes de Papá Noel. Aquí tendes unha mostra...
Derivado do feito de que a desde a biblioteca promóvese o desenvolvemento do programa "Club de lectura", a aula de 5 anos ten realizado unha actividade moi divertida que consistiu nunha pescuda do tesouro, derivado do traballo co libro "LEotolda". Velaquí algunhas fotos...
DE DEREITOS E BANDEIROLAS VAI A COUSA...
Con motivo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, temos representado en colaboración con todas as aulas os 30 dereitos humanos en banderíns que temos colgado na entrada do colexio, complementando a manualidade feita para 0 20 de Novembro. Así foi o resultado...
O Día Universal da Infancia celebrámolo por todo o alto decorando estreliñas cos dereitos da infancia, cunha carreira solidaria e mesmo facendo donativos á organización "bicos de papel" de Vigo para axudar a nenos e nenas con graves problemas de saúde. Un día inolvidable!
Vídeo da Xornada...
Hoxe, 2 de novembro, rematamos a formación de usuari@s de todos o alumnado do centro,
Ao longo de todo o mes de outubro, as diferentes clases teñen baixado á biblioteca do cole para aprender ou recordar cales son as normas da biblioteca, así como afondar na súa organización e funcionamento.
Xa temos un alumnado experto na nosa biblioteca!
FOMENTANDO O USO DOS RECURSOS DE BIBLIO CREATIVA!
A partir do luns 23 de outubro póñense en circulación polas aulas unha maleta con materiais e xogos de biblioteca creativa, para que as diferentes titorías poidan desfrutar nas propias aulas da multiplicidade de posibilidades e recursos que esta ofrece a nosa biblio. Esperamos que a desfrutedes!
VISITA DISTINGUIDA...