23/02/26

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 UN RECITAL INESQUECIBLE!

Hoxe, 23 de febreiro, con motivo do Día de Rosalía, o IES Ribeira do Louro volve contar connosco para a súa IX Ruada Rosaliana. Grazas polos versos cantados da nosa grande autora galega. Gran actuación!

Aquí tendes unha mostra...


13/02/26

DÍA MUNDIAL DA RADIO.

PODCAST SOBRE O ENTROIDO!

O alumnado do CEIPP Da Ribeira conmemora o día da radio co gallo do Entroido.
Pequenos e maiores únense nun so programa rememorando palabras que evocan entroido, convidando as súas familias a asistir ao evento escolar, narrando como foi a elaboración dos seus disfraces e por suposto, falando do típico entroido gaelgo.
Este podcast non ten perda, paga a pena escoitalo!
Clica aquí para poder escoitalo.
Aquí tendes imaxes do proceso de elaboración!

11/02/26

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

UNHA CHARLA DE MULLERES NA CIENCIA!

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o concello tennos ofrecido a posibilidade de facer unha charla a relvancia das mulleres na ciencia ao longo da historia e na actualidade.
Así, temos aprendido moitísimo da súa contribución ao longo dos séculos, a súa falta de recoñecemento e acceso ao mundo Universitario e a súa falta de visibilidade.
Que xornada máis interesante!
Aquí tendes unha mostra...


VISITA CÁNDIDO CARRERA.

 UNHA XORNADA DE RALLY!

Hoxe o alumnado de 5º e de 6º tiveron o privilexio de asistir a unha xornada informativa moi interesante con Cándido Carrera, copiloto de Rally con moitos premios a nivel nacional. O alumnado ten escoitado con moita atención todo o que nos contou e, ademais, tamén lle fixo inmuerables preguntas moi enriquecedoras para a prender sobre o mundo do rally.
Que ben o pasamos! Grazas Cándido!
Aquí tendes unha mostra...