21/11/17

SAIMOS NA PRENSA!!

http://www.atlantico.net/articulo/programa-abalar/ceip-da-ribeira-centro-abierto-inclusivo-dinamico-forma-alumnos-futuro/20171115105906617745.html
Preme na imaxe para ler a noticia completa

XA SAIRON AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 
As nosas mochilas xa están de camiño as vosas casas!!
Xa que este ano o noso proxecto de centro adícase  á ciencia e á arte , dentro  atoparedes unha selección de libros e materiais relacionado co estes temas: libros para facer experimentos, libros sobre pintores,películas ,... 
Este ano, ademais,como innovación atoparedes un caderno de debuxo profesional onde levades moitas ideas para facer as vosas creacións .
  Lembrade que é unha mochila para ler e facer en familia!!



11/11/17

DÍA DA CIENCIA


  
    Co gallo do Día da Ciencia celebrado o 10 de novembro, e tendo en conta que o proxecto de centro deste ano adicámolo a científicos e artistas, dende a biblioteca artellouse un pequeno "laboratorio" á entrada do cole que produciu moita curiosidade entre os nosos pequenos.


Aquí vedes á profe Marta en plena actividade no laboratorio improvisado.



 


03/11/17

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A semana pasada celebramos o Día das Bibliotecas Escolares con diferentes actividades:

    1. Visitamos a Biblioteca Pública de Porriño.
        Os nenos estiveron cun personaxe que viña doutro planeta.



    2. Formamos aos usuarios da Biblioteca.
        Todos os cursos baixaron á Biblioteca para aprender, a través de distintas actividades, como é o   seu funcionamento.

 
 





    3. Fixemos un obradoiro artístico para decorar con cores o noso cole. Os máis grandes axudaban aos máis pequenos. Aprendemos xogando e traballando.
 
 


    4. Anunciamos o gañador do concurso "Mascota para o Noso Cole"--> "RIBEDINO" e fixemos unha exposición coas mascotas feitas polos nenos.