Co gallo do remate deste curso 2015-2016 non queremos deixar pasar a ocasión de recomendarvos algunhas lecturas de cara ao verán, xa que é unha época estupenda para poñernos ao día das últimas novedades e ler, ler, ler... Esperamos que vos sexan útiles.
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (1º e 2º)
CARIDE, Ramón: A negrura do mar, Xerais, Merlín.
Nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en Perigo vexetal, que tiveron novas entregas en Ameaza na Antártida e O futuro roubado.
-CAJARAVILLE, Héctor: Quen dá a quenda?, Xerais, Merlín.
A meiga Divina, coa axuda dos seus libros de conxuros consegue que todos os seus pacientes marchen cun remedio acaído para os seus males.
-ELIACER CANSINO, Macías: El chico de las manos azules, Bruño.
Con pingas de pintura azul nas mans, Franz chega casualmente a España xunto a Illia, fuxindo do horror da guerra desatada no seu país de orixe. Agárdalles unha terra descoñecida, e non é doado adaptarse.
-PARMENTIER, Fahim Xavier: El rey de Bengala, Grijalvo.
Novela baseada en feitos reais que conta a epopea de Fahim, un neno de oito anos, inmigrante en Francia, que consigue saír adiante grazas a ser un prodixio do xadrez. O propio cativo escribe a súa historia.
-SORELA, Pedro: Los malos en Matemáticas son invisibles, Obradoiro.
Andrés, un adolescente, parece non existir no seu novo colexio. Os compañeiros e os profes, sobre todo o de matemáticas, non se decatan da súa presenza. Entón comeza a preocuparse e a facerse una pregunta: É que se volveu invisible?
-VILA SEXTO, Carlos: O enigma de Caronte, Galaxia, Costa Oeste.
O último verán que Dani e os seus amigos van pasar xuntos en Cabo Lázaro vén marcado pola morte accidental de Marcos, un compañeiro de clase.
-DÍAZ NÚÑEZ, Celia: A boca do monte, Galaxia, Costa Oeste.
É unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar.
-BLUE JEANS: Algo tan sencillo como darte un beso, Planeta.
Tras das vacacións de Nadal, os adolescentes do corredor 1B voltan á residencia Benjamin Franklin. Pero non están todos, falta Nicole… Ela desexa regresar pero a súa familia non quere nin escoitar falar diso.
-MARTÍNEZ, Elena: Bajo el paraguas azul, Nowevolution.
Sabes en canto tempo se pode arruinar a vida dunha persoa? En dous segundos, o que se tarda en compartir unha foto por WhatsApp. Ti o sabes, déronche charlas sobre cyberbullying, a ti endexamais che pasaría, xa estamos cos rollos de sempre, verdade? Iso é o mesmo que pensaba Glauca.
-YOUSAFZA, Malala/ MCCORMICK, Patric: Malala, mi historia, Seix Barral.
Malala Yousafzai só tiña dez años cando os talibáns se apoderaron da súa rexión. Dicían que a música era pecado. Dicían que as mulleres non debían ir ao mercado. Dicían que as nenas no debían ir ao colexio...

FAMILIAS E ADULTOS
-NÚÑEZ SINGALA, Manuel: Camiños na auga, Galaxia.
Novela de iniciación situada na África poscolonial. O protagonista busca a liberdade a través dunha viaxe iniciática.
-REIMÓNDEZ, María: A dúbida, Xerais.
Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. Este feito provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home.
-HANNAH, Kristin: El ruiseñor, Suma.
Dúas irmás buscan o seu propio camiño hacia a supervivencia, o amor e a liberdade na Francia ocupada durante a 2ª Guerra Mundial.
-POSTEGUILLO, Santiago: La legión perdida. El sueño de Trajano, Planeta.
O ansiado desenlace da triloxía de Traxano.
Este emprende a maior campaña militar de Roma cara a vitoria ou cara ao desastre. Intrigas, batallas, Césares e unha emperatriz entrecrúzanse neste relato épico do mundo antigo.
-MONTERO, Rosa: La ridícula idea de no volver a verte, Seix Barral.
Unha homenaxe ás mulleres que como Marie Curie enfrontáronse ao seu entorno por levar adiante aquilo no que crían nunha sociedade que as ignoraba pola súa condición feminina.
-LINDO, Elvira: Noches sin dormir. Último invierno en Nueva York, Seix Barral.
Un libro ilustrado con fotografías da propia autora que evocan a atracción e tamén a crueza dunha cidade mítica. Un libro lucidamente inspirado por noites de insomnio creativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario