30/04/26

SEMANA DO LIBRO.

O ALUMANDO DE 5º E 6º VISITA A GALIÑA AZUL!

Con motivo da Semana do Libro, o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria ten visitado A Escola de Educación Infantil A Galiña Azul de Torneiros. Alí contáronlles aos cativos dous contos en formato Kamishibai: O coelliño branco e Elmer. O alumnado gozou escoitando e logo bailamos e merendamos!
Aquí tendes unha mostra...

               

LECTURA E FAMILIAS.

EXPOSICIÓN DE XAPÓN!

Unha alumna de 2º de Ed. Primaria realizou unha exposición, coa axuda da súa nai, sobre a cultura xaponesa, con motivo da cerdeira con materiais reciclados que elaborara para a exposición de elementos distintivos do mundo. Así, o alumnado de 2º de Ed. Primaria ten realizado unha exposición ben interesante e, despois, o alumnado ten transcrito o seu nome ao alfabeto xaponés!

29/04/26

SEMANA DO LIBRO.

O ALUMNADO DO IES RIBEIRA DO LOURO VISÍTANOS!

Este mércores 29 de abril, o alumnado do IES Ribeira do Louro visitounos para facer apadriñamentos lectores a todo o alumnado do centro. Moitas grazas pola visita rapazas e rapaces. Pasámolo superben!

27/04/26

RADIO.

SEGUIMOS GRAVANDO NO CENTRO DE DÍA!

O alumnado de 5º de primaria visita por cuarta vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio "Fíos no Tempo". Nesta 4ª sesión a temática foi: "As comidas de antes e as comidas de agora".

PROGRAMA DE TRANSICIÓN.

VISITA Á BIBLIOTECA DO IES RIBEIRA DO LOURO!

O alumnado de sexto de Ed. Primaria ten visitado a biblioteca do IES Ribeira do Louro como parte do programa de transición ao novo centro que ditos alumnos/as terán o próximo curso. Mesmo fixeron un escape room!

24/04/26

SEMANA DO LIBRO.

V XUNTANZA LITERARIA!

Por quinto ano, realizamos no Parque Alba un evento moi importante para clausurar a Semana do Libro. Así, doce centros da provincia de O Porriño teñen realizado lecturas cruzadas, intercambios de marcapáxinas, exposicións de Kamishibais, un mercadiño de libros e mesmo bailamos e cantamos!
Que ben o pasamos!
Aquí tendes un resumo de todo...

SEMANA DO LIBRO.

RIBEDINO TAMÉN SE ACORDA DOS PROFES!

Este venres 24 de abril, a nosa mascota Ribedino quixo pechar a Semana do Libro agasallando aos profes con marcadores e posits para fomentar o seu habito lector!

22/04/26

SEMANA DO LIBRO.

 A V XUNTANZA LITERARIA DE PORRIÑO ESTÁ PRETO!

Un ano máis celebramos este gran evento no Parque Alba con todos os centros educativos e asociacións da zona! Este venres 24 pasaremos unha mañá moi divertida lendo e bailando!

20/04/26

SEMANA DO LIBRO.

DECORAMOS PORTADAS!

Con motivo da Conmemoración da Semana do Libro, temos organizado moitas actividades. Empezamos propoñendo ao alumnado  debuxar as portadas dos seus libros favoritos!

09/04/26

CLUB DE LECTURA DUA.

 IV ENCONTRO DO NOSO CLUB!

Hoxe, xoves 9 de abril, tivemos un novo encontro do noso club de lectura DUA compartido co CEIP Antonio Palacios e a ACEESCA. Esta vez foi na nosa biblioteca. Os nosos alumnos e alumnas expuxeron 4 xogos de mesa que teñen elaborado eles mesmos sobre o libro que tiñamos lido da colección de "Naturizo": un memory, unha sopa de letras, atopar diferenzas e tres en raia. Que ben o pasamos xogando!

           


           

07/04/26

FORMACIÓN DE MESTRES.

O profesorado fórmase en alumnado de conduta e metodoloxías!

Este martes 7 de abril, o profesorado tivo na nosa biblioteca unha formación con Miguel Calvo do EOE sobre a Resposta Educativa ao Alumnado na súa conduta e o acompañamento positivo. Unha tarde para resolver dúbidas e aprender estratexias para traballar e favorecer o seu aprendizaxe!

02/04/26

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.

TODA VIDA TEN UN VALOR INESTIMABLE! 

Hoxe día 2 de abril, temos presente o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Porque cada persoa conta e ten unha chea de virtudes!