SEGUIMOS GRAVANDO NO CENTRO DE DÍA!
osquelemos
O blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe da Ribeira
11/05/26
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.
COMEZAMOS CON LECTURAS CRUZADAS!
Este domingo é o Día das Letras Galegas e desde o equipo de biblioteca temos axudado ao equipo de dinamización da Lingua Galega para conmemorar a Begoña Caamaño facendo diferentes actividades durante a semana. Hoxe, luns 11 de maio, comenzamos polos Lecturas Cruzadas, distintos autores galegos, diferentes historias e moitas aventuras que contar!
08/05/26
CAMPIONATO DE XOGOS.
ESTA VEZ XADREZ!
A organización de campionatos de xogos que se están promovendo na biblioteca nos recreos, temos visto un enorme interese e participación. Deste modo, este venres temos iniciado o campionato de xadrez. Aínda que non todos sabían xogar á perfección, os nenos e nenas puxeron moita ilusión. Contamos coa axuda inestimable da nosa ATE Graci para axudar a ensinar!
RECUNCHO DE FAMILIAS.
MERCAMOS NOVOS ANDEIS!
Seguimos mellorando os recunchos da nosa biblioteca. Así, mercamos novos andeis para seguir mellorando a zona de familias, que desde hai tempo necesitabamos completar para colocar todos os libros dun xeito máis accesible e ordenado para facilitar a súa consulta. Viva a lectura!
07/05/26
PROXECTO IMPULSO MENTOR.
PROMOVEMOS O AFONDAMENTO NA CULTURA XITANA!
Hoxe o alumnado de 5º e 6º participou nunha actividade realizada co Secretariado do pobo xitano, dentro do proxecto piloto Impulso Mentor promovido pola Consellería de Educación para o que o noso centro foi seleccionado. Busca dar a coñecer en maior medida a cultura xitana.
O noso alumnado ten moita información pero ten descuberto moitas máis curiosidades que non sabían. Por exemplo, de onde veñen, algunhas persoas de etnia xitana de relevancia, que significa o loito para eles, algunhas comidas típicas....
Ademais, dentro deste mesmo proxecto, algún alumnado xitano está a participar en mentorías nas que comentan as súas inquedanzas e expectativas de futuro, asesorándoos sobre o mesmo unha rapaza xitana de O Porriño, dende as súas experiencias e o seu propio testemuño de vida.
06/05/26
LECTURA E FAMILIAS.
OBRADOIRO DE PECHE!
Como todos os anos, organizamos un obradoiro final do programa Lectura e Familias, con PAticia García Figueroa do centro de Estudos Trazos Class de Redondela. Realizarase o próximo martes 12 de maio ás 16:00 h. no salón de actos do colexio. Trataranse artistas do mundo con motivo do proxecto do centro de "A volta ao mundo con Ribefogg". Esperámovosos!
ESCOLAS DE FRONTEIRA.
MOCHILAS E LIBROS EN PORTUGUÉS!
Con motivo do día da lingua portuguesa en sexto preparamos unhas mochilas viaxeiras cos fondos bibliográficos en portugués da nosa biblio para que todas as clases do noso cole coñezan o Proxecto Escolas de Fronteira.
05/05/26
FORMACIÓN USUARIOS/AS.
O PROFESORADO FÓRMASE EN KOHA!
Os mestres/as estivemos afondando no uso de Koha para facilitar o proceso de catalogación de libros. Ten sido unha tarde moi intrutiva!
30/04/26
SEMANA DO LIBRO.
O ALUMANDO DE 5º E 6º VISITA A GALIÑA AZUL!
Con motivo da Semana do Libro, o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria ten visitado A Escola de Educación Infantil A Galiña Azul de Torneiros. Alí contáronlles aos cativos dous contos en formato Kamishibai: O coelliño branco e Elmer. O alumnado gozou escoitando e logo bailamos e merendamos!Aquí tendes unha mostra...
LECTURA E FAMILIAS.
EXPOSICIÓN DE XAPÓN!
Unha alumna de 2º de Ed. Primaria realizou unha exposición, coa axuda da súa nai, sobre a cultura xaponesa, con motivo da cerdeira con materiais reciclados que elaborara para a exposición de elementos distintivos do mundo. Así, o alumnado de 2º de Ed. Primaria ten realizado unha exposición ben interesante e, despois, o alumnado ten transcrito o seu nome ao alfabeto xaponés!
29/04/26
SEMANA DO LIBRO.
O ALUMNADO DO IES RIBEIRA DO LOURO VISÍTANOS!
Este mércores 29 de abril, o alumnado do IES Ribeira do Louro visitounos para facer apadriñamentos lectores a todo o alumnado do centro. Moitas grazas pola visita rapazas e rapaces. Pasámolo superben!
27/04/26
RADIO.
SEGUIMOS GRAVANDO NO CENTRO DE DÍA!
O alumnado de 5º de primaria visita por cuarta vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio "Fíos no Tempo". Nesta 4ª sesión a temática foi: "As comidas de antes e as comidas de agora".
PROGRAMA DE TRANSICIÓN.
VISITA Á BIBLIOTECA DO IES RIBEIRA DO LOURO!
O alumnado de sexto de Ed. Primaria ten visitado a biblioteca do IES Ribeira do Louro como parte do programa de transición ao novo centro que ditos alumnos/as terán o próximo curso. Mesmo fixeron un escape room!
24/04/26
SEMANA DO LIBRO.
V XUNTANZA LITERARIA!
Por quinto ano, realizamos no Parque Alba un evento moi importante para clausurar a Semana do Libro. Así, doce centros da provincia de O Porriño teñen realizado lecturas cruzadas, intercambios de marcapáxinas, exposicións de Kamishibais, un mercadiño de libros e mesmo bailamos e cantamos!
Que ben o pasamos!
Aquí tendes un resumo de todo...
SEMANA DO LIBRO.
RIBEDINO TAMÉN SE ACORDA DOS PROFES!
Este venres 24 de abril, a nosa mascota Ribedino quixo pechar a Semana do Libro agasallando aos profes con marcadores e posits para fomentar o seu habito lector!
22/04/26
SEMANA DO LIBRO.
A V XUNTANZA LITERARIA DE PORRIÑO ESTÁ PRETO!
Un ano máis celebramos este gran evento no Parque Alba con todos os centros educativos e asociacións da zona! Este venres 24 pasaremos unha mañá moi divertida lendo e bailando!
20/04/26
SEMANA DO LIBRO.
DECORAMOS PORTADAS!
Con motivo da Conmemoración da Semana do Libro, temos organizado moitas actividades. Empezamos propoñendo ao alumnado debuxar as portadas dos seus libros favoritos!
09/04/26
CLUB DE LECTURA DUA.
IV ENCONTRO DO NOSO CLUB!
Hoxe, xoves 9 de abril, tivemos un novo encontro do noso club de lectura DUA compartido co CEIP Antonio Palacios e a ACEESCA. Esta vez foi na nosa biblioteca. Os nosos alumnos e alumnas expuxeron 4 xogos de mesa que teñen elaborado eles mesmos sobre o libro que tiñamos lido da colección de "Naturizo": un memory, unha sopa de letras, atopar diferenzas e tres en raia. Que ben o pasamos xogando!
07/04/26
02/04/26
DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.
TODA VIDA TEN UN VALOR INESTIMABLE!
Hoxe día 2 de abril, temos presente o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Porque cada persoa conta e ten unha chea de virtudes!
27/03/26
BOLETÍN LERIA.
REMATAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE!
Como cada trimestre deixámosvos o tríptico de lecturas recomendadas para que gocedes nestas vacacións!
Podedes tamén acceder a través deste clicando aquí.
BOAS VACACIÓNS!
23/03/26
RADIO.
SEGUIMOS GRAVANDO AO CENTRO DE DÍA!
O alumnado de 5º de primaria visita por terceira vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio "Fíos no Tempo". Nesta 3ª sesión a temática foi: "Os xogos de antes e os xogos de agora".
20/03/26
LECTURA E FAMILIAS.
EXPOSICIÓN DE MONUMENTOS!
Durante o segundo trimestre temos invitado ás familias a elaborar monumentos do mundo con materiais reciclados, en relación co proxecto de centro de "Unha volta ao mundo". Houbo moito traballo detrás desta exposición, pero o resultado foi ben interesante!

18/03/26
CLUB DE LECTURA DUA.
III ENCONTRO!
Seguimos traballando cos libros da colección de "Naturizo". Eseta vez reunímonos no CEIPP Antonio Palacios e decoramos unha árbores onde Naturizo podería ter vivo se non houbese tantos incendios!
13/03/26
SEMANA DA PRENSA.
III EDICIÓN DO RIBEDIARIO!
Con motivo da Semana da Prensa temos proposto a realización un ano máis do Ribediario, un xornal sobre a nosa escola con noticias feitas por alumnado e mestres.
Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos...
Clica aquí para acceder ao xornal completo.
10/03/26
CONCURSO DE PODCAST E VISITA A RADIO PONTEVEDRA.
CONCURSO E VISITA!
O alumnado de 6º de Educación Primaria ten participado na segunda convocatoria de premios José Hermida de Radio Escolar, promovida polo Grupo Radio Pontevedra e, en consecuencia, hoxe 10 de marzo, téñennos ofrecido a posibilidade de visitar as súas instalacións para afondar no seu coñecemento e mellorar as nosas prácticas radiofónicas. Que ben o pasamos e canto temos aprendido!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


.jpeg)










.jpeg)
.jpeg)

