Páxina web
▼
30/04/26
LECTURA E FAMILIAS.
EXPOSICIÓN DE XAPÓN!
Unha alumna de 2º de Ed. Primaria realizou unha exposición, coa axuda da súa nai, sobre a cultura xaponesa, con motivo da cerdeira con materiais reciclados que elaborara para a exposición de elementos distintivos do mundo. Así, o alumnado de 2º de Ed. Primaria ten realizado unha exposición ben interesante e, despois, o alumnado ten transcrito o seu nome ao alfabeto xaponés!
29/04/26
SEMANA DO LIBRO.
O ALUMNADO DO IES RIBEIRA DO LOURO VISÍTANOS!
Este mércores 29 de abril, o alumnado do IES Ribeira do Louro visitounos para facer apadriñamentos lectores a todo o alumnado do centro. Moitas grazas pola visita rapazas e rapaces. Pasámolo superben!
27/04/26
RADIO.
SEGUIMOS GRAVANDO NO CENTRO DE DÍA!
O alumnado de 5º de primaria visita por cuarta vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio "Fíos no Tempo". Nesta 4ª sesión a temática foi: "As comidas de antes e as comidas de agora".
PROGRAMA DE TRANSICIÓN.
VISITA Á BIBLIOTECA DO IES RIBEIRA DO LOURO!
O alumnado de sexto de Ed. Primaria ten visitado a biblioteca do IES Ribeira do Louro como parte do programa de transición ao novo centro que ditos alumnos/as terán o próximo curso. Mesmo fixeron un escape room!
24/04/26
SEMANA DO LIBRO.
V XUNTANZA LITERARIA!
Por quinto ano, realizamos no Parque Alba un evento moi importante para clausurar a Semana do Libro. Así, doce centros da provincia de O Porriño teñen realizado lecturas cruzadas, intercambios de marcapáxinas, exposicións de Kamishibais, un mercadiño de libros e mesmo bailamos e cantamos!
Que ben o pasamos!
Aquí tendes un resumo de todo...
SEMANA DO LIBRO.
RIBEDINO TAMÉN SE ACORDA DOS PROFES!
Este venres 24 de abril, a nosa mascota Ribedino quixo pechar a Semana do Libro agasallando aos profes con marcadores e posits para fomentar o seu habito lector!
22/04/26
SEMANA DO LIBRO.
A V XUNTANZA LITERARIA DE PORRIÑO ESTÁ PRETO!
Un ano máis celebramos este gran evento no Parque Alba con todos os centros educativos e asociacións da zona! Este venres 24 pasaremos unha mañá moi divertida lendo e bailando!
20/04/26
SEMANA DO LIBRO.
DECORAMOS PORTADAS!
Con motivo da Conmemoración da Semana do Libro, temos organizado moitas actividades. Empezamos propoñendo ao alumnado debuxar as portadas dos seus libros favoritos!



