13/02/26

DÍA MUNDIAL DA RADIO.

PODCAST SOBRE O ENTROIDO!

O alumnado do CEIPP Da Ribeira conmemora o día da radio co gallo do Entroido.
Pequenos e maiores únense nun so programa rememorando palabras que evocan entroido, convidando as súas familias a asistir ao evento escolar, narrando como foi a elaboración dos seus disfraces e por suposto, falando do típico entroido gaelgo.
Este podcast non ten perda, paga a pena escoitalo!
Clica aquí para poder escoitalo.
Aquí tendes imaxes do proceso de elaboración!

11/02/26

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

UNHA CHARLA DE MULLERES NA CIENCIA!

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o concello tennos ofrecido a posibilidade de facer unha charla a relvancia das mulleres na ciencia ao longo da historia e na actualidade.
Así, temos aprendido moitísimo da súa contribución ao longo dos séculos, a súa falta de recoñecemento e acceso ao mundo Universitario e a súa falta de visibilidade.
Que xornada máis interesante!
Aquí tendes unha mostra...


VISITA CÁNDIDO CARRERA.

 UNHA XORNADA DE RALLY!

Hoxe o alumnado de 5º e de 6º tiveron o privilexio de asistir a unha xornada informativa moi interesante con Cándido Carrera, copiloto de Rally con moitos premios a nivel nacional. O alumnado ten escoitado con moita atención todo o que nos contou e, ademais, tamén lle fixo inmuerables preguntas moi enriquecedoras para a prender sobre o mundo do rally.
Que ben o pasamos! Grazas Cándido!
Aquí tendes unha mostra...


30/01/26

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

MÚSICA, BAILE, CANTO... POLA PAZ!

Hoxe, 30 de xaneiro temos celebrado o Día Internacional da Non violencia e da Paz no pabillón do colexio formando as letras da palabra PAZ entre todos o alumnado, bailando e cantando cancións de Antonio Flores, Color Esperanza e mesmo unha canción creada explícitamente para o noso colexio. Que bonita forma de celebrar esta conmemoración e que ben o pasamos!

Aquí tendes unha mosta...



26/01/26

Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información (PLEA).

ENQUISAS PARA CURBIR PARA O PLEA
Con motivo da realización do novo Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información, pregamos a vosa colaboración para cubrir as enquisas  que se presentan a continuación segundo sexas familia, profe ou alumno/a. Lembrade que son TRES cuestionarios diferentes (3 enlaces) os que se deben cubrir.


AGARDAMOS AS VOSAS RESPOSTAS!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!