PROXECTAMOS, DEBATIMOS E CREAMOS DUNHA ÁRBORE DE EMOCIÓNS!
Con motivo das celebracións do 20 e 25 de novembro, temos realizado unha serie de actividades con todo o alumnado do colexio. Así, proxectamos un vídeo gravado polos propios mestres/as no que se representa unha escena familiar de violencia de xénero, falamos e reflexionamos sobre o visualizado e, finalmente, cada alumno/a escribiu unha emoción positiva e unha negativa en dúas follas de árbore que logo colorearon, recurtaron, e pegaron nun mural na entrada do colexio, compoñendo unha gran árbore de emocións positivas e negativas.
Aquí tendes os resultados:
- Vídeo elaborado e proxectado: