30/10/24

SAMAÍN E MAGOSTO

 XOGAMOS POLO SAMAÍN NA BIBLIOTECA!

O alumnado de quinto axudou a dirixir unha serie de xogos de Samaín na biblioteca. Estes xogos estiveron promovidos polo equipo de Dinamización da Lingua Galega, e foron realizados polos nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria. Isto formou parte dunha proposta de xogos aínda maior pormovida por dito equipo, que se complementaba con bailes no salón de actos e un obradoiro de maquillaxe no patio. O alumnado de 2º a 4º foi á aula de Polos Creativos para realizar xogos populares con temática do Samaín. Que ben o pasamos!

24/10/24

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 UN TEATRO MOI GALEGO!

Con motivo do día das Bibliotecas Escolares, temos promovido un pequeno espectáculo relacionado co tema do proxecto do centro (que é Galicia Máxica), a mans dos mellores actores e actrices do noso colexio e, mesmo podemos dicir, de Galicia. Así, unha gandeira, dous pescadores e dúas peregrinas do camiño de Santiago explicáronlle a unha turista que acababa de chegar á nosa Terra o máis representativo e importante de Galicia. Fixemos así unha gran homenaxe á nosa terra da que debemos sentirnos orgullosos, xa que, como teñen dito diversas celebridades, “Somos galegos, non porque nacemos en Galicia, senón porque Galicia nace en nós”.
Esperamos que vos guste. 
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

17/10/24

RADIO NA BIBLIO.

 FORMACIÓN DE RADIO!

O alumnado de 6º ten asistido, ao longo de toda mañá, a unha xornada de formación en Radio escolar a cargo de  DenÍs de Rede Espora. O alumnado ten recibido unha formación teórica inicial e despois realizaron unha actividade práctica no espazo da radio por turnos. Unha auténtica experiencia que ten convertido ao alumnado nuns expertos en radio escolar!

FORMACIÓN DE USUARI@S.

 O ALUMNADO RECORDA O FUNCIONAMENTO DA BIBLIO!

Desde a apertura da biblio o pasado 1 de outubro, o alumnado de todas as aulas ten pasado pola biblio para formarse no relativo ao funcionamento da biblioteca, que este curso ten integrado algunhas novidades como o recuncho de xogos ou os recreos dinamizados. Canto temos aprendido!                

           



08/10/24

RECREOS DINÁMICOS

 A RIBEBIBLIO IMPULSA XOGOS DE BIBLIOTECA CREATIVA

Dinamizamos a Biblioteca nos recreos! Usamos xogos de Rincón novo creado e materiais do programa "polos creativos" dentro da nosa maleta creativa!