26/06/24
14/06/24
ACTIVIDADE FINAL.
E REMATAMOS... CUN MERCADILLO SOLIDARIO!
A biblioteca remata a súa proposta anual de actividades organizando un mercadillo solidario de intercambio de libros que o alumnado queira desfacerse a cambio doutros ofrecidos pola propia bilbioteca. Ademais todo o alumando de todas as clases puido levarse de agasallo un libro para ler nas vacacións de verán. Así, durante a semana do 10 ao 14 de xuño todas as clases pasaron pola biblioteca para intercambiar/ recoller libros. Grazas Ribedino pola túa xenerosidade!!!
REVISTA RUXE RUXE.
A NOSA REVISTA "RUXE, RUXE" XA CHEGOU!
Desde o equipo de Dinamización de Lingua Galega tense elaborado a revista escolar na que se resume todo o realizado ao longo deste curso escolar para que toda a comunidade educativa poida ver canto traballamos no cole!!
10/06/24
BOLETÍN LERIA.
LECTURAS RECOMENDADAS PARA VERÁN!
Para rematar o curso, deixámosvos unha selección de lecturas recomendadas para o verán no boletín trimestral Leria. Esperamos que o desfrutedes; lembra que "Se queres aventura, lánzate á lectura!"
07/06/24
BIBLIOTECA CREATIVA.
A MALETA CREATIVA REMATA A SÚA ANDAINA!
A maleta de biblioteca creativa leva rulando polas aulas ao longo do ano e coa fin de curso remata a súa circulación. Así temos a continuación as últimas instantáneas do seu uso este curso a mans do alumnado de 4º de Ed. Primaria...
05/06/24
LECTURA E FAMILIAS.
RIBEGRAMAS EN FAMILIA!
Como última actividade escrita do programa Lectura e Familias, o alumnado e as familias teñen composto caligramas. Teñen saído verdadeiras xoias como podedes ver a continuación...
CLUB DE LECTURA.
ÚLTIMA SESIÓN DE CLUB DE LECTURA!
O pasado martes 4 de xuño o grupo de 5º de Primaria realizou unha sesión final especial de club de lectura con comida incluída para valorar o libro que estiveran lendo de "Emie es invisible", así como expuxéronse uns aos outros a actividade de expresión escrita relacionada co que fixeran. Que ben o pasamos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)