29/05/24

LECTURA E FAMILIAS.

UNHA GALA DE MAXIA COAS FAMILIAS MOI AGRADABLE!

Para rematar o programa de Lectura e Familias deste curso, temos promovido unha sesión de maxia para alumnado e familias co mago Samuel Moreno. Unha xornada que estivo chea de trucos de maxia, interaccións co público e moitas risas. Así, pódese afirmar que o temos pasado moi ben como podedes comprobar...

24/05/24

BIBLIOTECA CREATIVA.

CONTACONTOS E OBRADOIRO DE CARTÓN!

O pasado mércores 22 de maio, Ton Arenas realizou no cole unha xornada dobre de contacontos e obradoiro. Así, o alumnado puido ver un contactacontos con títeres e logo explicou como facer manualidades con cartón que logo cada clase fixo cos seus titores. Que divertido foi!
Aquí tendes unha mostra...




23/05/24

LECTURA E FAMILIAS.

 O CONTACONTOS MÁIS DIVERTIDO!

O pasado martes, 21 de maio, organizamos un contacontos para familias e alumnado, a cargo de Tarabelos. Foi todo moi ben. Rímonos e divertímonos moito!
Aquí tendes unha mostra...

20/05/24

LECTURA E FAMILIAS.

 AS RIBEPORTADAS SON TODO UN ÉXITO!

O alumnado de Ed. Infantil e Primaria xa ten expostas as Ribeportadas nos corredores do cole. Quedaron ben bonitas! Aquí tendes unha mostra...


16/05/24

DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 UNHA SCAPE ROOM SOBRE LUISA VILLALTA...

Por iniciativa do equipo de Dinamización da Lingua Galega, tense creado un Scape Room adaptado a todos os curso e idades para conmemorar e coñecer a esta escritora galega. Temos que axudar a Luísa Villalta para montar a casiña duns animais fantásticos para unha das súas historias. Pero as pezas da casiña están dentro dunhas caixas pechadas con candados. O alumnado das diferentes clases tivo que superar una serie de probas para conseguir as chaves e os códigos dos candados. Superar as probas daba acceso a un premio: un ticket para poder acceder a unha comilona de productos galegos!

          

  • Aula de 3 anos:
  • Aula de 4 anos:
  • Aula de 5 anos:
  • Aula de 1º de Primaria:
  • Aula de 2º de Primaria:
  • Aula de 3º de Primaria:
  • Aula de 4º de Primaria:
  • Aula de 5º de Primaria:
  • Aula de 6º de Primaria:

10/05/24

III XUNTANZA LITERARIA.

COMPARTINDO MOMENTOS LITERARIOS INESQUECIBLES!

Hoxe, venres 10 de maio,  por terceiro ano consecutivo, temos celebrado a III Xuntanza Literaria, na que membros de 12 centros de O Porriño téñense xuntado no Parque Alba de Torneiros para afianzar lazos a través da literatura, lendo moitísimos contos! Ademais tamén disfrutamos da actuación de Xoán Curiel. Que mellor forma de aprender e disfrutar en grupo que xuntándonos para lernos uns aos outros no medio da natureza?
Grazas a todos os centros que participáchedes. Pasámolo moi ben!
Aquí vos deixamos unha mostra...



06/05/24

CLUB DE LECTURA.

UNHA MALETA DE MARIONETAS!

Hoxe temos posto a disposición do profesorado do centro unha marioneta chea de marionetas para que as clases que participan no programa Club de lectura poidan empregala cando o desexen para desenvolver as súas actividades!