PRIMEIRO PROGRAMA!
O venres 22 de marzo gravamos o primeiro programa na nosa radio sobre o deporte, no cal alumnado de 5º de educación Primaria entrevistou e falou con diversos usuari@s do centro de día de Torneiros. Así, durante algo máis dunha hora intercambiaron pareceres, á vez que os novos aprenderon un montón. Que interesante foi! Repetiremos á volta das vacacións.