O 24 de outubro de cada ano celebramos o Día Internacional das bibliotecas. Esta idea xurdiu da Asociación Española de Amigos del Libro
Infantil y Juvenil en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns.
Aquí tedes todas as actividades que imos facer esta semana para vós:
Mércores 23: proxección da película
La invención de Hugo para o 1º ciclo da ESO (ás 9.00) e o 3º ciclo de primaria (ás 11.30).
Venres 25: xornada especial de
contacontos para tódalas idades... por separado. Haberá dúas sesións para a ESO, así que xa vos contaremos a que hora vos toca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario