Páxina web
▼
27/02/12
Os transxénicos
Con estas impactantes imaxes, Greenpeace quere transmitir a súa preocupación polos alimentos transxénicos. Como vedes, as fotos son de vexetais adoptando a forma de animais: son os animais dos que se extraen os xens que levan mesturados.
Estes son algúns dos datos que dá Greenpeace para alertar contra o consumo de alimentos modificados xeneticamente (OMG):
- Só dez multinacionais controlan case o 70% do mercado mundial de sementes, o que significa que os e as agricultoras teñen pouca capacidade de elección.
- Os cultivos transxénicos non alimentan ó mundo. O 99,5% de agricultores e agricultoras non os cultivan.
- A agricultura industrial usa fertilizantes sintéticos e agroquímicos que contaminan os nosos solos e augas, recursos necesarios para producir alimentos sans agora e no futuro.
- O excesivo uso de fertilizantes de síntese na agricultura industrial contribúe ó agravamento do cambio climático.
- Trátase dunha tecnoloxía cun nivel de imprecisión moi elevado, cuxos efectos impredecibles tanto a curto como a longo prazo xa están a ser documentados pola ciencia independente.
- Os transxénicos son un grave risco para a biodiversidade e teñen efectos irreversibles e imprevisibles sobre os ecosistemas. Supoñen incremento do uso de tóxicos, contaminación xenética e do solo, perda de biodiversidade, desenvolvemento de resistencias en insectos e vexetación adventicia ("malas herbas") e efectos non desexados noutros organismos.
- Supoñen un risco para a saúde: potencialmente poden supoñer novas alerxias, aparición de novos tóxicos, diminución na capacidade de fertilidade (en mamiferos alimentados con OMG), contaminación de alimentos, problemas en órganos internos, etc.
- Greenpeace oponse a toda liberación de OMG ó medio ambiente (liberación de animais ou plantas). Os ensaios en campo ou cultivos experimentais, incluso a pequena escala, presentan igualmente riscos de contaminación xenética, polo que tamén deben prohibirse.
Por outra banda, estas serían as supostas ventaxas dos transxénicos segundo atopamos noutras webs:
- Poderemos consumir alimentos con máis vitaminas, minerais e proteínas, e menores contidos en graxas.
- Produción de ácidos graxos específicos para uso alimenticio ou industrial.
- Cultivos máis resistentes ós ataques de virus, fungos ou insectos sen a necesidade de empregar produtos químicos, o que supón un aforro económico e menor dano ó medio ambiente.
- Cultivos resistentes ós herbicidas, de xeito que se poidan manter os rendimentos reducindo o número e a cantidade de produtos empregados e usando aqueles con características ambientaies máis desexables.
- Maior tempo de conservación de froitas e verduras.
- Aumento da produción.
- Diminución dos costes da agricultura.
- A biotecnoloxía pode axudar a preservar a biodiversidade natural.
- Cultivos tolerantes á sequía e estrés (por exemplo, un contido excesivo de sal no solo).
Para ler máis sobre o tema: os transxénicos na Wikipedia.
Se queredes saber que alimentos son transxénicos, Greenpeace ten editada esta guía.



Por favor que un profesor de galego revise todalas faltas de ortografía que hai escritas en galego, por exemplo:
ResponderEliminarsemillas en galego é sementes e desarrollar en castelán é, en galego, desenvolver.
Grazas, anónimo! Erros corrixidos e solicitude pasada ó departamento de galego.
ResponderEliminar