Páxina web

XA CHEGARON AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!!

RIBEDINO xa saiu polos corredores....



Xa está levando as mochilas viaxeiras ás clases.... lembrade que se non cantades unha cantiga non entregará as mochilas.

 Este ano temos moita música....




13/11/19

VISITA Á BIBLIOTECA DO PARLAMENTO DE GALICIA


Fixemos unha visita á Xunta de Galicia e ao Parlamento. Puidemos entrar nesta fermosa Biblioteca que custodia o archivo persoal de Carballo Calero, autor homenaxeado este ano o día das letras galegas. 
BIBLIOTECA DO PARLAMENTO DE GALICIA














A biblioteca persoal e o fondo documental atesourado por Ricardo Carballo Calero durante toda a súa vida está depositado no Parlamento de Galicia. Adquiriu este material en 1997 e o poñen a disposición dos investigadores e persoas interesadas en consultala. 

07/11/19

CONCURSO DE SAMAÍN!!

Xa temos gañadores dos concursos de Relatos e Debuxos de Medo.







 















   

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!

Conseguímolo! Sacamos a dous personaxes dun conto e viñeron ao noso colexio para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Ademais cantáronnos unha fermosa canción:

Debes aprender                                 Certo como o sol
Di a canción                                      Que nos da calor
Que antes de xulgar                          Non hai maior verdade
Tes que chegar                                  A beleza está
Ata o corazón.                                  No interior.



Un dos artistas que nos mergullou nese conto foi o cantautor Manoele de Felisa que puxo a todos os nenos a cantar, bailar, aplaudir e por riba de todo a pensar no valor das persoas, na igualdade de homes e mulleres e no coidado que debemos dar ao que nos rodea, ao noso planeta: A Terra.

VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA!!

Temos un equipo de voluntarios da biblioteca moi numeroso! Encántalles axudar! Adquiriron un compromiso moi importante.
 



APRENDENDO CON ROBOTS!


Xa temos a todos os usuarios da nosa biblioteca ben formados!
Este ano preparamos unha actividade especial coa axuda duns pequenos robots.




08/10/19

A biblioteca abre as súas portas!

Xa abrimos as portas da nosa biblioteca. Podedes vir no recreo e polas tardes. Temos un gran proxecto este ano...A música!!!